Gran Premio de Alemaña de 1957

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alemaña Gran Premio de Alemaña de 1957
Detalles da carreira
Carreira 6 de 8 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1957.
Trazado do circuíto de Nurburgring
Trazado do circuíto de Nurburgring
Data 4 de agosto de 1957
Nome oficial XIX Großer Preis von Deutschland
Localización Nürburgring
Nürburg, Alemaña
Percorrido Percorrido permanente de carreira
22´810 km
Distancia 22 voltas, 501´820 km
Pole position
Piloto Flag of Argentina.svg Juan Manuel Fangio Maserati
Tempo 9:25.6
Volta rápida
Piloto Flag of Argentina.svg Juan Manuel Fangio Maserati
Tempo 9:17.4
Podio
Primeiro Flag of Argentina.svg Juan Manuel Fangio Maserati
Segundo Flag of the United Kingdom.svg Mike Hawthorn Ferrari
Terceiro Flag of the United Kingdom.svg Peter Collins Ferrari

O Gran Premio de Alemaña de 1957 foi unha carreira de automobilismo de Fórmula Un, celebrada o 4 de agosto de 1957 no circuíto de Nürburgring Nordschleife. Foi a sexta carreira da tempada de Fórmula Un de 1957. A carreira de 22 voltas foi gañada polo piloto arxentino Juan Manuel Fangio pilotando un Maserati. A carreira cítase a miúdo como unha das mellores vitorias na historia da competición. Foi a 4ª vitoria de Fangio nas 7 carreiras principais da tempada (excluíndo as 500 Millas de Indianápolis), ademais cá cantidade de puntos que tiña (34 polos 16 de Luigi Musso) e con dúas carreiras por diante, a súa vitoria no circuíto de Nürburgring significou o seu quinto título de Campión do Mundo.

Fangio tomara nota da selección de pneumáticos e do nivel de combustible dos pilotos de Ferrari, e decatouse de que probablemente ían correr a carreira completa sen unha parada en boxes. Fangio decidiu que utilizar pneumáticos máis brandos, e cargar só medio tanque de combustible, permitiría que o coche tomara as curvas máis rápido, pero tamén requeriría unha parada en boxes. Fangio fixo a súa parada en boxes na volta 13, en 1º lugar, e 30 segundos por diante de Hawthorn e Collins.

A parada en boxes foi un desastre, o equipo tivo problemas para cambiar unha das rodas. Fangio saíu do pit lane en 3ª posición, 48 segundos por detrás de Collins, que estaba en 2º lugar. Durante as seguintes 10 voltas, Fangio rompeu a marca de volta 9 veces (7 dos rexistros foron en voltas sucesivas, logrou rebaixar uns abafadores 15´5 segundos a Hawthorn na primeira volta, e logo outros 8´5 segundos na seguinte volta). Na volta 21, Fangio foise ao interior da curva a esquerda, ESSO Terrasse, pasando a Collins e situandose 2º. Máis tarde na volta 21, nunha curva a esquerda, Fangio cortou a Hawthorn pasandolle polo interior da curva, con só dous dos seus pneumáticos na pista e os pneumáticos esquerdos sobre a herba. Fangio mantivo a súa vantaxe, pero non foi fácil, xa que Hawthorn atacou, e case logrou adiantar a Fangio nalgunhas curvas, pero foi en balde, e Fangio gañou a carreira.

Despois da carreira, Fangio, comentou: "Nunca antes conducín tan rapido na miña vida e creo que nunca serei capaz de facelo de novo". Máis tarde, Fangio tamén dixo: "Nürburgring é a miña pista favorita. Quedeime totalmente namorado dela e creo que ese día, en 1957 por fin logrei dominala. Era coma se me amosara todos os segredos dela e désemos a coñecer dunha vez por todas... Durante dous días non puiden durmir, aínda veia esas curvas na escuridade, curvas nas que nunca antes tivera o valor de levar as cousas ata ese límite".[1]

Para aumentar a participación, os organizadores abriron a pista aos coches de Fórmula 2. As dúas carreiras corréronse ao mesmo tempo, pero os equipos de fórmula 2 (en amarelo) non eran elexibles para os puntos do Campionato do Mundo e algunhas fontes non consideran estas saídas nas estatísticas da carreira.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Pos Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 1 Flag of Argentina.svg Juan Manuel Fangio Maserati 22 3:30:38.3 1 9
2 8 Flag of the United Kingdom.svg Mike Hawthorn Ferrari 22 +3.6 segs 2 6
3 7 Flag of the United Kingdom.svg Peter Collins Ferrari 22 +35.6 segs 4 4
4 6 Italia Luigi Musso Ferrari 22 +3:37.6 8 3
5 10 Flag of the United Kingdom.svg Stirling Moss Vanwall 22 +4:37.2 7 2
6 2 Francia Jean Behra Maserati 22 +4:38.5 3
7 3 Flag of the United States.svg Harry Schell Maserati 22 +6:47.5 6
8 16 Flag of the United States.svg Masten Gregory Maserati 21 +1 volta 10
9 11 Flag of the United Kingdom.svg Tony Brooks Vanwall 21 +1 volta 5
10 4 Italia Giorgio Scarlatti Maserati 21 +1 volta 13
11 15 Flag of the United Kingdom.svg Bruce Halford Maserati 21 +1 volta 16
12 21 Alemaña Edgar Barth Porsche 21 +1 volta 12
13 28 Flag of the United Kingdom.svg Brian Naylor Cooper-Climax 20 +2 voltas 17
14 27 Flag of the Netherlands.svg Carel Godin de Beaufort Porsche 20 +2 voltas 20
15 25 Flag of the United Kingdom.svg Tony Marsh Cooper-Climax 17 +5 voltas 22
Ret 17 Alemaña Hans Herrmann Maserati 14 Chasis 11
Ret 20 Italia Umberto Maglioli Porsche 13 Motor 15
Ret 23 Flag of the United Kingdom.svg Roy Salvadori Cooper-Climax 11 Suspensión 14
Ret 18 España Paco Godia Maserati 11 Dirección 21
Ret 12 Flag of the United Kingdom.svg Stuart Lewis-Evans Vanwall 10 Caixa de cambios 9
Ret 24 Flag of Australia.svg Jack Brabham Cooper-Climax 6 Transmisión 18
Ret 26 Flag of Australia.svg Paul England Cooper-Climax 4 Distribuidor 23
Ret 29 Flag of the United Kingdom.svg Dick Gibson Cooper-Climax 3 Dirección 24
Ret 19 Flag of the United Kingdom.svg Horace Gould Maserati 2 Eixo 19

Posicións logo da carreira[editar | editar a fonte]

Pos Piloto Puntos
Nuvola single chevron right.svg 1 Flag of Argentina.svg Juan Manuel Fangio 34
Nuvola single chevron right.svg 2 Italia Luigi Musso 16
1uparrow green.svg 3 3 Flag of the United Kingdom.svg Mike Hawthorn 13
1downarrow red.svg 1 4 Flag of the United Kingdom.svg Tony Brooks 10
1downarrow red.svg 1 5 Flag of the United States.svg Sam Hanks 8
  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Manishin, Glenn B.. "The Early Years". http://f1-grandprix.com/?page_id=272#ixzz1bkYqP82H. Consultado o 25 October 2011. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Alemaña de 1957


Carreira anterior:
Gran Premio do Reino Unido de 1957
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1957
Carreira seguinte:
Gran Premio de Pescara de 1957
Carreira anterior:
Gran Premio de Alemaña de 1956
Gran Premio de Alemaña Carreira seguinte:
Gran Premio de Alemaña de 1958