Gran Premio de Mónaco de 1970

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Flag of Monaco.svg Gran Premio de Mónaco de 1970
Detalles da carreira
Carreira 3 de 13 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1970.
Trazado do circuíto de Mónaco.
Trazado do circuíto de Mónaco.
Data 10 de maio de 1970
Nome oficial XXVIII Gran Premio de Mónaco
Localización Circuíto de Mónaco
Monte Carlo, Principado de Mónaco
Percorrido Circuíto urbano
3´145 km
Distancia 80 voltas, 251´6 km
Clima Cálido,sol
Pole position
Piloto Flag of the United Kingdom.svg Jackie Stewart March-Ford
Tempo 1:24.0
Volta rápida
Piloto Austria Jochen Rindt Lotus-Ford
Tempo 1:23.2 na volta 80
Podio
Primeiro Austria Jochen Rindt Lotus-Ford
Segundo Flag of Australia.svg Jack Brabham Brabham-Ford
Terceiro Francia Henri Pescarolo Matra

O Gran Premio de Mónaco de 1970 foi unha carreira de Fórmula Un celebrada o 10 de maio de 1970 no Circuíto de Mónaco en Monte Carlo, Mónaco. Foi a terceira carreira do Campionato do Mundo de pilotos de 1970.

Resumo[editar | editar a fonte]

Non houbo cambios significativos na liña de saida de Mónaco, a única noticia foi Ronnie Peterson, participando cun March privado. O equipo Lotus decidiu levar o vello 49 en vez do novo chasis 72, a pesar das probas nunha carreira non de campionato en Silverstone un par de semanas antes. Na cualificación, March copou a primeira fila, con Jackie Stewart na pole (para o equipo Tyrrell) e Chris Amon a seu carón. O terceiro lugar foi para o McLaren de Denny Hulme, e o cuarto para o Brabham de Jack Brabham; detrás deles estaba o Ferrari de Jacky Ickx. O primeiro piloto de Lotus foi Jochen Rindt, cualificou en oitavo lugar.

A pesar da choiva nos días anteriores, o sol brillaba o día da carreira, e a pista estaba seca. Ao principio, Stewart liderou a carreira, con Amon, Brabham, Ickx e Jean-Pierre Beltoise detrás del, na segunda volta, Beltoise pasou Ickx. Stewart comezou a afastarse, polo que a orde mantívose sen cambios ata a volta 12, cando Ickx retirouse cun fallo na transmisión. Na volta 22 Beltoise, retirouse con problemas na transmisión, na mesma volta Brabham pasou a Amón ao segundo lugar. Parecía que Stewart podía repetir comodamente a vitoria que tivo en España, pero na volta 27 o seu March comezou fallar, e detívose nos pits. Isto deixou ao Brabham á fronte, con Amón, Hulme e Rindt, que se abriu camiño desde o medio do pelotón. Na súa primeira carreira, Peterson estaba facéndoo ben, no sétimo lugar, mentres o motor do BRM de Jackie Oliver fallou, deixando aos comisarios un arduo traballo para limpar todo o aceite que caeu na pista.

Case ao mesmo tempo, Hulme tivo problemas co embrague do seu McLaren, saltaron as engrenaxes do cambio, polo caiu por detrás de Rindt e Pescarolo, na volta 62 fallou a suspensión de Amón, e viuse obrigado a retirarse, deixando ao austriaco no segundo lugar, nove segundos por detrás de Brabham. Logo aumentou o seu ritmo, e cara ás últimas voltas estaba pegado ao australiano. A vitoria de Brabham parecía estar en camiño, resistindo toda a presión que Rindt exercía sobre él. Pero sucedeu o incrible: saíuse da liña de carreira para evitar un coche máis lento en Gazomètre, na última curva da última volta, Brabham derrapou sobre a superficie polvorenta e foise directamente ás balas de palla, entregándolle a vitoria a Rindt (unha vitoria recibida cun gran salto de alegría por Colin Chapman). Brabham volveu rapidamente á pista e terminou a carreira en segunda posición. O terceiro lugar foi para Pescarolo nun Matra, mentres que as restantes posicións para os puntos foron para Hulme, Graham Hill (que se abriu camiño desde o último lugar da grella) e Pedro Rodríguez.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Pos Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 3 Austria Jochen Rindt Lotus-Ford 80 1:54:37.4 8 9
2 5 Flag of Australia.svg Jack Brabham Brabham-Ford 80 + 23.1 4 6
3 9 Francia Henri Pescarolo Matra 80 + 51.4 7 4
4 11 Nova Caledonia Denny Hulme McLaren-Ford 80 + 1:28.3 3 3
5 1 Flag of the United Kingdom.svg Graham Hill Lotus-Ford 79 + 1 volta 16 2
6 17 Flag of Mexico.svg Pedro Rodríguez BRM 78 + 2 voltas 15 1
7 23 Flag of Sweden.svg Ronnie Peterson March-Ford 78 + 2 voltas 12
8 19 Suíza Jo Siffert March-Ford 76 Sen Combustible 11
Ret 28 Nova Caledonia Chris Amon March-Ford 60 Suspensión 2
NC 24 Flag of the United Kingdom.svg Piers Courage De Tomaso-Ford 58 Non Clasificado 9
Ret 21 Flag of the United Kingdom.svg Jackie Stewart March-Ford 57 Motor 1
Ret 16 Flag of the United Kingdom.svg Jackie Oliver BRM 42 Motor 14
Ret 8 Francia Jean-Pierre Beltoise Matra 21 Diferencial 6
Ret 12 Nova Caledonia Bruce McLaren McLaren-Ford 19 Suspensión 10  
Ret 14 Flag of the United Kingdom.svg John Surtees McLaren-Ford 14 Presión aceite 13
Ret 26 Bélxica Jacky Ickx Ferrari 11 Semieixo 5
NSC 10 Italia Andrea de Adamich McLaren-Alfa Romeo
NSC 6 Alemaña Rolf Stommelen Brabham-Ford
NSC 15 Flag of Canada.svg George Eaton BRM
NSC 2 Flag of the United Kingdom.svg John Miles Lotus-Ford
NSC 20 Francia Johnny Servoz-Gavin March-Ford

Posicións logo da carreira[editar | editar a fonte]

Clasificación no campionato de pilotos
Pos Piloto Puntos
1 Flag of Australia.svg Jack Brabham 15
2 Flag of the United Kingdom.svg Jackie Stewart 13
3 Austria Jochen Rindt 9
4 Nova Caledonia Denny Hulme 9
5 Nova Caledonia Bruce McLaren 6
Clasificación do campionato de construtores
Pos Construtor Puntos
1 Flag of the United Kingdom.svg Brabham-Ford 15
2 Flag of the United Kingdom.svg McLaren-Ford 15
3 Flag of the United Kingdom.svg Lotus-Ford 14
4 Flag of the United Kingdom.svg March-Ford 13
5 Francia Matra 7
  • Notas: Só están incluídos os cinco primeiros postos da clasificación.


Carreira anterior:
Gran Premio de España de 1970
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1970
Carreira seguinte:
Gran Premio de Bélxica de 1970
Carreira anterior:
Gran Premio de Mónaco de 1969
Gran Premio de Mónaco Carreira seguinte:
Gran Premio de Mónaco de 1971

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Mónaco de 1970

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]