Fuji Speedway

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fuji Speedway
Plano do Circuíto
Fuji.svg
Datos
Carreiras
Localización Flag of Japan.svg Oyama, Distrito Suntō, Prefectura de Shizuoka, Xapón
Lonxitude 4´563 km.
Curvas 16
Volta rápida (2008) 1:18.426
Piloto Record Flag of Brazil.svg Felipe Massa
Escudería Record Ferrari
Coordenadas 35°22′18″N 138°55′36″E / 35.37167°N 138.92667°E / 35.37167; 138.92667
Vista do Circuíto
Tribuna do Fuji Speedway

Fuji Speedway é o actual circuíto de Fórmula 1 de Xapón, que se atopa en Shizuoka, ao pé do Monte Fuji. Comprouno Toyota Motor Corporation no ano 2000. Desde o ano 2007 alberga novamente o Gran Premio de Fórmula 1, realizándose a finais de setembro, baixo o nome de "2007 FIA Formula One World Championship Fuji Television Japanese Grand Prix".

A pista foi deseñada para ser unha pista de carreiras enorme, de 33,3 km cunha largada de 10 km pero non houbo suficiente orzamento para completar o proxecto, e só foi deseñada unha oitava parte. O circuíto abriu as súas portas en decembro de 1965, e demostrouse que era unha pista perigosa, xa que nela déronse moitos casos de accidentes. Por mor disto, construíron unha nova parte do circuíto, e finalmente quedou coa lonxitude de 4,359 Km, e mellorou significativamente o seu estado. A primeira carreira de Fórmula 1 que se disputou nesta pista foi ao final da tempada de 1976. Naquela carreira púidose ver unha dramática loita entre James Hunt e Niki Lauda cunhas condicións climáticas pésimas. Ao final, Mario Andretti gañou a carreira, Lauda tivo que retirarse debido ao mal tempo e Hunt logrou conseguir os puntos suficientes para adxudicarse matematicamente o título de campión do mundo.

Con todo, non se festexou do mesmo xeito a segunda carreira, que tivo lugar en 1977. Naquela sinistra carreira, Gilles Villeneuve estivo involucrado nunha tráxica colisión que matou a dúas persoas que estaban preto da pista. Logo desta carreira, o circuíto xa non volveu presenciar ningunha carreira de F1. Dez anos máis tarde, a organización da F1 volveu permitir a Xapón ser o anfitrión dun Gran Premio, pero esta vez o circuíto pasou a ser Suzuka.

Fuji Speedway continuou albergando campionatos e carreiras de coches deportivos, e moitas veces utilizouse para carreiras nacionais. A velocidade continuou sendo moi elevada, e por iso tivéronse que engadir dúas chicanes ao circuíto, unha xusto logo da primeira curva, e outra antes de entrar ao larguísimo e rapidísimo tramo final. Con todo, estes cambios non puideron evitar que o circuíto seguise tendo unha das rectas máis longas de todo o mundo, con 1,3 Km de lonxitude.

Esta recta úsase ás veces para as carreiras de arrancóns. En 1989 e en 1993 producíronse eventos importantes deste tipo. As carreiras locais son tamén moi correntes. O circuíto continua usándose para carreiras nacionais xaponesas. En 1991 o circuíto deixou de ter utilidade, ata outono do 2000, ano no que Toyota decidiu comprar a pista.

En 2003, o circuíto pechouse para poder realizar unha reestruturación da pista, seguindo o deseño de Hermann Tilke. Logo disto, a pista volveuse a abrir o 10 de abril de 2005. Toyota realizou a proposta de utilizar o circuíto remodelado de Fuji para o Gran Premio de Xapón na tempada de 2007, e desta forma substituír así o de Suzuka.

O circuíto é moi coñecido polos amantes do Pole Position dado que foi o primeiro circuíto que apareceu nun videoxogo.

Curvas[editar | editar a fonte]

  1. 第一コーナー / First Corner 27R / Primeira Curva 27R
  2. 75R
  3. コカ・コーラコーナー / Coca Cola Corner 80R / Curva Coca Cola 80R
  4. 100R
  5. ヘアピンコーナー / Hairpin Corner 30R / Curva Hairpin 30R
  6. 120R
  7. 300R
  8. ダンロップコーナー / Dunlop Corner 15R / Curva DUnlop 15R
  9. 30R
  10. 45R
  11. ネッツコーナー / Netz Corner 25R / Curva Netz 25R
  12. パナソニックコーナー / Panasonic Corner 12R / Curva Panasonic 12R

Aparicións en videoxogos[editar | editar a fonte]

  • En Gran Turismo 4, pódese transitar tanto polo trazado antigo sen chicane (1974-85), como polo actual con chicane (1986-92) e no máis novo de 2005 nas súas dúas versións, con chicanes e sen chicanes.
  • No TOCA Race Driver pódese circular polo trazado na súa versión máis nova de 1993-2004.
  • No Tourist Trophy tamén se pode percorrer o circuíto.

Todos os gañadores de Fórmula 1,no circuíto de Fuji[editar | editar a fonte]

Ano Piloto Auto Duración Lonxitude Voltas Velocidade media Data GP de
1976 Flag of the United States.svg Mario Andretti Lotus-Ford 1:43:58,860 h 4´359 km 73 183´615 km/h 24. Outubro Flag of Japan.svg Xapón
1977 Flag of the United Kingdom.svg James Hunt McLaren-Ford 1:31:51,680 h 4´359 km 73 207´840 km/h 23. Outubro
2007 Flag of the United Kingdom.svg Lewis Hamilton McLaren-Mercedes 2:00:34,579 h 4´563 km 67 152´130 km/h 30. Setembro
2008 España Fernando Alonso Renault 1:30:21,842 h 4´563 km 67 202´790 km/h 12. Outubro

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Fuji Speedway