El Diario de Orense

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

El Diario de Orense foi un periódico editado en Ourense entre 1914 e 1928.

[editar] Historia e características

Subtitulado Periódico de intereses generales y locales, apareceu en 1914. Fundado e dirixido por Heraclio Pérez Placer, foron tamén directores Hermenegildo Calvelo e Ramón Villarino de Sáa e colaboraron Luís Madriñán, Ricardo Goyanes Melgarejo, Eugenio López Aydillo, Aurelio Ribalta, Francisco de Cossío, Felipe Pedreira, Juan Barcia Caballero e Francisco Álvarez de Nóvoa. Era un diario de tendencia conservadora-bugallista que se enfrontou en numerosas ocasións ao diario liberal La Voz Pública. Contiña novas locais e provinciais de carácter xeral, artigos variados e anuncios. Incluíu poemas en galego, unha sección satírica denominada "Picotazos", "Galicia histórica" da autoría de Couceiro Freijomil e "Biografías Gallegas" escrita por Manuel Molina Mera. Cesou a súa edición en 1928.

[editar] Véxase tamén

[editar] Bibliografía

  • Santos Gayoso, Enrique (1990), Historia de la Prensa Gallega 1800-1986, Sada: Do Castro. ISBN 84-7492-489-8.
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas