Edmundo Roberes Alonso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEdmundo Roberes Alonso

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1875 Editar o valor em Wikidata
Pontedeume, España Editar o valor em Wikidata
Morteoutubro de 1923 Editar o valor em Wikidata (47/48 anos)
Pontedeume, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , debuxante Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Edmundo Roberes Alonso, nado en Pontedeume cara a 1875 e finado no mesmo concello en outubro de 1923, foi un debuxante e xornalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo do maxistrado José María Roberes Tomasí e Indalecia Alonso Roberes. Padeceu escrófula, enfermidade que o obrigou a levar máscara. Estudou o bacharelato no Instituto de Ourense, onde foi alumno de debuxo de José Mendiguchía. Colaborou en El Lucense, La Opinión, El Áncora, Heraldo de Galicia, El Correo Español, El Eco de Santiago, Galicia, La Voz de Galicia, e foi correspondente en Pontedeume de El Eco de Galicia. Foi nomeado oficial de Facenda Pública da Coruña en 1898.[1] Fundou e dirixiu o periódico El Eco de Puentedeume que despois se transformou en Galicia Pintoresca. Finou en Pontedeume en outubro de 1923.[2][3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Eco de Galicia, 31-12-1909, p. 2.
  2. El Ideal Gallego, 23-10-1923, p. 3.
  3. El Correo Gallego, 24-10-1923, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]