Berredo, Agolada
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
- Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Berredo.
| Berredo | |
|---|---|
| Igrexa de Santa María de Berredo. | |
| Concello | Agolada |
| Área | - km² |
| Poboación | 102 hab. (2009) |
| Densidade | - hab./km² |
| Entidades de poboación | 5 |
Santa María de Berredo é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Agolada. Segundo o IGE de 2009 tiña 102 habitantes (59 mulleres e 43 homes) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando contaba con 171 habitantes.
Índice |
[editar] Xeografía
Está situada ao norte do concello. Limita ao norte co concello de Santiso, ao este con Eidián e ao sur e ao oeste con Artoño
[editar] Patrimonio
- Igrexa de Santa María de Berredo, románica, construída a finais do século XII, da que só se conserva a ábsida semicircular e os arranques da nave. Na ábsida, as columnas exteriores foron substituídas por contrafortes ou bandas lombardas; conserva os canzorros e fiestra en arco, tapiada.
[editar] Festas
A parroquia celebra tres festas no ano: o 3 de febreiro, San Blas; o segundo domingo de maio, Santa Lourdes; e os días 15 e 16 de agosto, Santa María, a patroa e o San Roque respectivamente.
[editar] Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes de Berredo, Agolada.
[editar] Lugares e parroquias
[editar] Lugares de Berredo
| Lugares da parroquia de Berredo no concello de Agolada (Pontevedra) | |
|---|---|
|
O Almacén | Barrio | A Casa de Ascontra | As Casiñas | Cornella | O Corval | A Eirexe | O Pradeiro | Quintá |