Ferreiroa, Agolada
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Ferreiroa.
| Ferreiroa | |
|---|---|
| Igrexa de San Pedro de Ferreiroa. | |
| Concello | Agolada |
| Área | - km² |
| Poboación | 591 hab. (2011) |
| Entidades de poboación | 6 |
San Pedro de Ferreiroa é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Agolada. Segundo o IGE en 2011 tiña 591 habitantes (295 homes e 296 mulleres) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando contaba con 684 habitantes. Na parroquia está situada a vila de Agolada, capital do concello e sede da Banda Municipal de Agolada.
Índice |
Patrimonio [editar]
A igrexa de San Pedro de Ferreiroa data do ano 1030, foi modificada posteriormente, a fachada e canzorros son do século XIII, e o campanario do XVI. Nela destaca a súa virxe sedente.
Galería de imaxes [editar]
- Artigo principal: Galería de imaxes de Ferreiroa, Agolada.
Lugares e parroquias [editar]
Lugares de Ferreiroa [editar]
| Lugares da parroquia de Ferreiroa no concello de Agolada (Pontevedra) | |
|---|---|
|
Agolada | Bidueiros | A Costa | Ferreiroa | Fonte de Cántaras | O Pontillón |