Lexema
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Unidade mínima da primeira articulación do sistema lingüístico (para Martinet, monema léxico) que porta o significado léxico.
A unidade mínima que porta o significado gramatical é o morfema
[editar] Lexema e raíz das palabras
Non debe ser confundido o lexema coa raíz das palabras: O lexema de "casa" é "casa". "Casa" ten unha raíz "cas", un sufixo flexivo de xénero "a" e un sufixo flexivo de número "cero" (singular).
A diferenza entre estas dúas terminoloxías áchase na diferente perspectiva coa que se xeran. No concepto de raíz prevalece a forma, o significante. No concepto de lexema aténdese ó significado. De aí que haxa diferenza entre:
-
- Familias léxicas regulares: Aquelas compostas por palabras que posúen o mesmo lexema e a mesma raíz: reloxo, reloxería, reloxeiro,...
-
- Familias léxicas irregulares: Aquelas compostas por palabras que presentan o mesmo lexema, pero dúas ou máis raíces: noite, noitiña, noctámbulo, pernoctar,... Obsérvese que "noit" e "noct" son o mesmo lexema -ambas as dúas pertencen á mesma familia léxica-, pero son dúas raíces diferentes: unha patrimonial e outra culta.
[editar] Véxase tamén
|
|
|---|
| Subdisciplinas: semántica léxica | semántica gramatical | onomasioloxía | semasioloxía |
| Métodos: análise sémica |
| Unidades: significado | acepción | sema | semema | arquisemema | clasema | campo semántico |
| Relacións: monosemia | polisemia | homonimia | sinonimia | relacións de inclusión | antonimia |
| Perspectiva cognitiva: categorización | metáfora | metonimia |
| Temas relacionados: denotación | connotación | virtuema | lexema | lexicoloxía | lexicografía | dicionario |
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa lingüística é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa lingüística que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |