Borraxeiros, Agolada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Borraxeiros
Iglesia de San Cristovo de Borraxeiros - Agolada - Pontevedra.jpg
Igrexa de San Cristovo de Borraxeiros.
Parroquia de Borraxeiros do concello de Agolada.png
Concello Agolada
Área - km²
Poboación 300 hab. (2009)
Densidade - hab./km²
Entidades de poboación 20

San Cristovo de Borraxeiros é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Agolada. Segundo o IGE de 2009 tiña 300 habitantes (151 mulleres e 149 homes) distribuídos en 18 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando contaba con 450 habitantes.

Na aldea de A Vila, é onde se encontra o centro xeográfico de Galicia.[Cómpre referencia]

Índice

[editar] Historia

Aquí atopamos legados prehistóricos (un castro no que se atopou unha machada, dúas vasillas de barro, un colar e dous aneis achados en senllas mámoas) e medievais.

Hai que destacar a igrexa parroquial, de estilo románico da segunda metade do século XII, no presbiterio da cal se atopa o sepulcro de Antonio Salgado, cunha estatua orante que data do século XVII.

[editar] O Pazo de Borraxeiros

Pazo de Borraxeiros.
Pazo de Borraxeiros.

Nun enclave elixido para a defensa, coñecido polo lugar "da torre" e cunha orixe perdida na escuridade dos tempos, levántase o maxestuoso Pazo de Borraxeiros. A edificación era un castelo-fortaleza medieval e foi derrubado en 1467 polos Irmandiños. Estas ruínas serviron como asento doutro edificio de aspecto feudal. Ao longo do tempo sucedéronse diversas reconstrucións que converxeron na antiga casa señorial que podemos ver hoxe en día.

Foi Antonio Salgado o que en 1581 mercou as ruínas da torre e a xurisdición correspondente, chegando a ser así señor de Borraxeiros. A súa carreira militar e a obtención dun hábito da Orde de Santiago foron máis ca suficientes para que o seu corpo descansase na igrexa parroquial.

Os señores de Borraxeiros participaron en numerosos actos bélicos, culminando a súa carreira militar despois de varias xeracións coa consecución dun título condal que levou o nome da súa posesión máis prezada: "Conde de Borraxeiros", sendo o primeiro Joaquín Salgado Enríquez.

[editar] Os Fociños no poder

A liñaxe dos Salgado chega ata finais do século XIX. José Mª Salgado Cárdenas, IV conde de Borraxeiros, casou con Mª Teresa Zárate. Da parella naceu José Salgado, o cal casou con Socorro Ramos Otero. Tiveron como fillos a José e a Socorro Salgado. A herdeira do pazo foi Carmen Salgado, filla tamén de José Salgado. Ao casar esta con Ulrico Fociños de Valenzuela e Bordalonga, os Fociños son, a partir de entón, os señores de Borraxeiros.

Nas últimas décadas do século XIX Ulrico e a súa familia vivían en Lalín. Alí exercía o posto de xuíz municipal, compaxinando isto co cargo de alcalde en Agolada. O feito de que fose alcalde dun concello no que non vivía foi obxecto de críticas. Estes postos políticos tan relevantes proporcionáronlles aos Fociños un status e unha autoridade indiscutíbeis. Nesta época, como o pazo quedaba deshabitado, decidiron alugarllo á Garda Civil. Esta permaneceu no lugar ata a década de 1920.

O fillo de Ulrico, José Fociños Salgado, sucedeuno como alcalde de Agolada cara 1915, e coa ditadura de Miguel Primo de Rivera, acadou o posto de Xuíz municipal, o cal mantivo ata os anos 40. Todo isto manifesta o control político que os Fociños exercían sobre o Concello. José casou con Dolores Fariña Barreiro e tiveron sete fillos: Encarnación, Carme, José Antonio, Dolores, Matilde, Ulrico e Enriqueta Focíños de Valenzuela e Fariña.

Actualmente só viven cinco deles, sendo o dono do pazo Ulrico Fociños de Valenzuela e Fariña. O título de Conde separouse da propiedade do pazo. Quen agora o ostenta é Manuel Taboada Roca (dende 1958), neto de Socorro Salgado (filla de José Salgado e de Socorro Ramos Otero).

[editar] Galería de imaxes

[editar] Lugares e parroquias

[editar] Lugares de Borraxeiros

Lugares da parroquia de Borraxeiros no concello de Agolada (Pontevedra)

A Bugalleira | Cabanelas | Castro | Cezobre | Couso | Cristín | A Ermida | A Guillerma | Meixide | O Penedo | As Penelas | A Ponte do Muíño | O Quinteiro | Reboredo | Rego Traveso | Sa | San Miguel | A Torre | A Vila | Vilanova

[editar] Parroquias de Agolada

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Agolada

Agra (San Miguel) | Artoño (Santalla) | A Baíña (San Pedro) | Basadre (Santa María) | Berredo (Santa María) | Borraxeiros (San Cristovo) | Brántega (San Lourenzo) | Brocos (San Miguel) | Carmoega (San Pedro) | Eidián (Santiago) | Esperante (San Cibrao) | Ferreiroa (San Pedro) | Gurgueiro (San Miguel) | Merlín (San Pedro) | Órrea (Santo André) | Ramil (San Martiño) | San Paio de Bais (San Paio) | Santa Comba (San Xoán) | Sesto (San Cibrao) | O Sexo (Santiago) | As Trabancas (San Mamede) | Val de Sangorza (Santa María) | Ventosa (San Xulián) | Vilariño (Santa María)


[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas