Noz (froito da nogueira)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Noz da nogueira común

A noz é o froito da nogueira común. Froito seco con alto valor nutritivo, é rico en proteínas, vitaminas do grupo B, oligoelementos, aceites, lecitina e ácidos graxos omega 3 (poliinsaturados). Atribúeselle a capacidade de reducir o colesterol.

Consúmese fresco ou cociñado, así como en sobremesas, pódese almacenar durante meses despois de quitarlle a pela exterior e telas un tempo secando ao sol para que non collan mofo.

Tamén recibe os nomes galegos dialectais de concho, coucho, croucho ou cuncho.