Tesouro de Agolada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O tesouro de Agolada é un conxunto de xoias, datadas probablemente no Bronce Inicial ou Bronce Antigo B (1700-1600 a.C.)[1], composto por unha gargantilla e dous brazaletes de ouro.

Atopouse, preto do Castro de Goiás, na parroquia de Ferreiroa, nun túmulo con motivo das obras da estrada de Lalín a Agolada no ano 1920, polo que se entende que formaba parte dun axuar funerario.

O conxunto ten varios paralelos en Galicia, pero fora de Galicia só se teñen atopado obxectos semellantes na Bretaña francesa, feito que é interpretado como unha testemuña das relacións atlánticas entre os poboadores do territorio galego e os da Bretaña francesa nos inicios da Idade do Bronce, sendo tamén interpretados como a expresión dunha sociedade xerarquizada.

Na actualidade consérvase no Museo Provincial de Pontevedra.

Descrición[editar | editar a fonte]

A gargantilla é unha delgada lámina rectángular con estreitamentos cara aos extremos. Mide 40 cm de lonxitude e 7,6 de ancho no centro onde alcanza a maior anchura e se decora con dezaoito cortes horizontais resultando dezanove canas limitadas por outras tres canas verticais feitas con buril. Nos extremos presenta pestanas dobradas para o seu enganche.

Os brazaletes son subcilíndricos, macizos, con forma de curva elíptica, lisos e abertos, que rematan en dous botóns planos. O seu diámentro máximo é de 9 cm e pesan entre 300 e 400 gramos.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]