Castaña
A castaña é o froito do castiñeiro, árbore da familia das fagaceae, nativa de climas cálidos do hemisferio norte. O froito preséntase nunha cápsula espiñenta que ten entre 5 e 11 centímetros de diámetro que contra de 2 a 7 castañas.
As castañas son unha importante fonte de alimentación no sur de Europa, no suroeste e no leste de Asia e tamén no leste de Norteamérica, antes de praga da castaña. Durante a Idade Media, no sur de Europa as comunidades que habitaban cerca de bosques de castiñeiros e que tiñan escaseza de acceso á fariña cereal, utilizaban as castañas como a súa principal fonte de carbohidratos.
As castañas pódense comer crúas, fervidas, asadas ou doces. En Francia a miúdo véndese o doce de castaña coñecido como marron glacé. Un xeito sinxelo de asales e cortar unha pequena fenda en cada castaña e quentalas nun contedor metálico a 400ª durante 10 ou 15 minutos. O obxecto da fenda e evitar que estouren mentres se asan.
Outro importante uso das castañas e a fariña, coa que se pode preparar pan, pasteis e pasta.
As receitas gastronómicas de castañas están xurdindo ultimamente coa recuperación de receitas tradicionais, especialmente en Italia.
As castañas para se conservaren teñen que estar completamente secas antes de retirar a cápsula espiñenta que as contén e deixalas nunha caixa ou barril cobertas de area fina. Pódese consumir fresca, seca, cocida e asada, a castaña constituíu unha importante contribución calórica para home e tamén se utilizou na alimentación dos animais domésticos, xa que son ricos en graxas, proteínas, minerais e en vitamina C.
[editar] A castaña na cultura popular galega
- Artigo principal: A castaña na cultura popular galega.
En Galicia, a festa tradicional da recollida das castañas e o magosto, que se realiza a comezos de novembro.
[editar] Refraneiro
- A castaña que está no camiño é do veciño.
- Non hai ruín viño con castañas asadas e sardiñas salgadas.
- O que non sabe a maña, non come castaña.
- Sempre un porco ruín ha topar cunha boa castaña.
- Temperá é a castaña que por setembro regaña.
[editar] Galería de imaxes
- 'Vexa o artigo principal en Galería de imaxes de castañas de Galicia
-
Larva dunha castaña