Luísa Viqueira Landa
Luísa Viqueira Landa | |
---|---|
Nacemento | 1918 |
Lugar de nacemento | A Coruña |
Falecemento | 2014 |
Lugar de falecemento | México |
Nacionalidade | España |
Ocupación | bióloga e política |
Pai | Xoán Vicente Viqueira |
Nai | Jacinta Landa Vaz |
[ editar datos en Wikidata ] | |
María Luísa Viqueira Landa, nada na Coruña en marzo de 1918[1] e finada en México en 2014, foi unha bióloga e activista galega.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Filla de Xoán Vicente Viqueira e Jacinta Landa. Criouse no pazo familiar de Vixoi (Bergondo). Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 exiliouse en Francia. Trasladouse a Moscova e finalmente marchou a México. Militante do Partido Comunista de España, foi integrante do grupo de mulleres do Partido Comunista mexicano e da Unión de Mujeres Española Mariana Pineda, formada por exiliadas españolas en México. Impulsou con Luís Soto o Patronato de Cultura Gallega de México. Abandonou con Soto o PCE para participar na fundación da UPG. Colaborou na creación da revista Vieiros da que foi secretaria de redacción, e presentou o programa de radio La hora de Galicia. Foi secretaria da Delegación do Consello de Galicia.
As súas cinzas foron soterradas no cemiterio de Ouces, ao lado do seu pai.[2]
Recoñecementos[editar | editar a fonte]
Recibiu unha homenaxe da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña en 2010 pola súa loita contra o fascismo.[3]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ El Ideal Gallego, 19-3-1918, p. 4.
- ↑ Luisa Viqueira regresa a Ouces
- ↑ La Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica rendirá homenaje a María Luisa Viqueira Landa
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Blanco, Carmen; Rodríguez Fer, Claudio (2011). Vivas en nós. Mulleres represaliadas polo franquismo na Coruña a raíz de 1936. Comisión para a Recuperación da Memoria Histórica da Coruña.
- Marco, Aurora (2007). Dicionario de Mulleres Galegas. Edicións A Nosa Terra. pp. 467–468. ISBN 978-84-8341-146-9.