Wilhelm Wundt

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Wilhelm Wundt
Nome completoWilhelm Maximilian Wundt
Nacemento16 de agosto de 1832
Lugar de nacementoNeckarau
Falecemento31 de agosto de 1920
Lugar de falecementoGroßbothen e Leipzig
SoterradoSüdfriedhof
NacionalidadeAlemaña
Alma máterUniversidade de Tubinga, Universidade de Heidelberg e Universidade Humboldt de Berlín
Ocupaciónfilósofo, profesor universitario, psicólogo, fisiólogo e escritor
CónxuxeSophie Wundt
FillosMax Wundt e Eleonore Wundt
PremiosOrdem Maximiliana da Baviera para Ciência e Arte, Pour le Mérite, Orde do Mérito das Ciencias e as Artes e honorary citizen of Leipzig
Na rede
WikiTree: Wundt-6 Find a Grave: 10126795 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Wilhelm Maximilian Wundt, nado en Neckarau (Baden) o 16 de agosto de 1832 e finado o 30 de agosto de 1920, foi un fisiólogo, psicólogo e filósofo alemán, célebre por desenvolver o primeiro laboratorio de psicoloxía, á que deu categoría de ciencia. As súas teorías exclúen a parte espiritual do individuo estudándoo unicamente como organismo, buscando explicacións á conduta humana asumindo que o home non ten alma. Considéraselle o pai do condutismo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O seu pai era un pastor luterano e a súa familia tanto de parte paterna como materna, incluía científicos e médicos. Coméntase que a nenez de Wundt foi solitaria e ata triste, o seu irmán, maior que el por 8 anos, foise á escola mentres Wundt era cativo; os outros dous irmáns morreron na infancia. Durante moitos anos, o único compañeiro de Wundt foi un neno retardado.

Unha das grandes influencias de Wundt foi o seu avó materno. Este tiña un grande interese pola súa educación e adoitaba levalo de viaxe. Con todo, o avó esixía un rigoroso programa diario e unha absoluta precisión en todo o que facían. Cando Wundt tiña entre 8 e 12 anos, ingresou ao Gymnasium católico local (escola secundaria con altos requisitos académicos). Con todo, Wundt foi deficiente na súa actividade académica e ata se lle aconsellou que abandonase os estudos formais. Foi transferido ao Gymanasium de Heidelberg, onde obtivo máis éxito e graduouse en 1851.

Logo da morte do seu pai en 1845, e de non conseguir unha bolsa para a universidade, xa que a súa traxectoria non fora precisamente brillante, ingresou á universidade de Turinxia como estudante de pre-medicina, por mediación dun familiar da súa nai. Logo dun ano cambiouse á universidade de Heidelberg, onde se graduou en 1855; para a súa disertación médica estudou a sensibilidade do tacto en pacientes histéricas na Universidade do Hospital de Heidelberg.

Tamén durante a súa estancia en Heidelberg, traballou co químico orgánico Robert Wilhelm Bunsen; Bunsen e Wundt, investigaron os efectos da inxestión restrinxida de sal na composición dos ouriños. Wundt publicou un traballo no que describiu os resultados en 1853. O traballo foi publicado para beneplácito de Wundt, que decidiu seguir unha carreira académica e de investigación.

Carreira académica temperá[editar | editar a fonte]

Logo dun semestre en 1856 na Universidade de Berlín estudando con Johannes Mûller e Emil Du Bois-Reymond, volveu a Heidelberg como conferenciante no departamento de fisioloxía, só catro estudantes tomaron o seu curso. Logo dun tempo de traballar en exceso no departamento da súa nai, caeu doente, polo que tomou un descanso nos Alpes suízos.

En 1858, Helmholtz foi nomeado director do novo instituto de fisioloxía da Universidade. Este nomeou a Wundt como o seu asistente. Wundt consideraba a Helmholtz, xunto con Johannes Mûller e Emil Du Bois-Reymond, como os tres grandes fisiólogos alemáns daquel tempo. Durante a estancia de Wundt como axudante de Helmholtz, a cal foi unha desilusión para el, xa que requiríuselle máis como asistente de ensino que como investigador; propuxo un novo curso de antropoloxía, o que hoxe chamaríase psicoloxía social. Ofreceu o curso en 1859 e nel ensinaba a relación dos individuos coa sociedade, tamén escribiu o seu primeiro libro, Beiträge zur Theorie der Sinneswalhrnnehmung (contribucións cara a unha teoría da sensopercepción) en 1862, no que analiza as funcións sensoriais, desenvolve unha teoría da percepción e perfila un programa de psicoloxía que seguiría polo resto da súa vida. Wundt sitúa a psicoloxía entre as ciencias físicas e as ciencias naturais. Utilizaría métodos experimentais e de investigación semellantes aos das ciencias físicas para documentar cuestións psicolóxicas como unha ciencia indutiva, experimental. Wundt quedara impresionado polos escritos de John Stuart Mill, pero a aproximación de Mill era a dun filósofo que especula e pensa sobre a vida mental; a de Wundt era a dun científico que emprega métodos experimentais para estudar esa vida.

Wundt cría que a linguaxe, os mitos, a estética, a relixión e os costumes sociais son reflexións dos procesos mentais máis altos; pero dado que tales altos procesos non podían ser manipulados ou controlados, non era posible estudalos experimentalmente, pero se por medio de rexistros históricos e da literatura ademais de observacións naturalistas. Evidentemente, nunca puido pasar desas teorías a probas demostradas. Wundt concibiu unha terceira póla da psicoloxía que integraría os achados empíricos desta, con outras ciencias, as metafísicas científicas. O obxectivo de Wundt era establecer a psicoloxía como unha ciencia fundacional ou propedéutica dado que integraría ás ciencias sociais e ás físicas.

En 1864, insatisfeito co seu nomeamento no instituto, rexeitouno, aínda así, conservou o seu rango académico e os seus ingresos continuaron sendo regulares. Estableceu un pequeno laboratorio no seu fogar e mantívose el mesmo coas regalías dos seus libros.

En 1871 regresou á Universidade de Heidelberg, e mantivo o seu posto de profesor extraordinario durante tres anos, antes de aceptar un chamado á cátedra de filosofía indutiva en Zúric. E permaneceu alí un ano antes de ser designado para a cátedra de filosofía en Leipzig.

Primeiro laboratorio de psicoloxía[editar | editar a fonte]

Foille asignado a Wundt un cuarto no edificio Konvikt, para almacenares o seu equipo de demostración e os aparellos experimentais. En tal edificio rematou impartindo as súas clases e realizando os seus experimentos. O primeiro laboratorio de psicoloxía foi fundado o ano 1879 en Leipzig, Alemaña, intención que fora exposta cinco anos atrás na súa obra «Principios de psicoloxía fisiolóxica».[1] O laboratorio de Wundt, non foi citado no catalogo da universidade ata 1883. En 1893 o laboratorio mudouse a un edificio ocupado polo departamento de xinecoloxía, ata que en 1897 o instituto psicolóxico, como xa se lle chamaba, mudouse a un edificio que Wundt deseñou expresamente para a investigación psicolóxica. Aínda que de feito, a maioría dos seus mellores estudantes realizaron os seus experimentos no edificio Konvikt.

Sistema teórico wundtiano[editar | editar a fonte]

Para Wundt, ao escribir o libro para o seu curso en Leipzig, a psicoloxía non era o que se considera hoxe en día: o estudo das bases fisiolóxicas da conduta e a conciencia, para Wundt, significaba unha psicoloxía que empregaba técnicas análogas ás da fisioloxía.

Dende o prefacio do seu texto (Principios de psicoloxía fisiolóxica), Wundt deixa ver que estaba tratando conscientemente de extraer unha nova área da ciencia.

Primeiro, Wundt describiu "o substrato corporal da vida mental", ou a anatomía e función do cerebro. Logo describiu o sistema nervioso e postulou ideas sobre as forzas que subxacen á condución nerviosa. Despois, Wundt analizou as características das sensacións; definiu a calidade, a intensidade, a extensión e a duración como as catro características fundamentais. Na parte IV atópase a medula do libro: "a investigación dos procesos conscientes das formas e conexións características neles". A meta da psicoloxía era o estudo dos "procesos conscientes" ou o que Wundt consideraba parte da "experiencia inmediata", como oposta á "experiencia mediata". Deste xeito para Wundt, cando a nosa experiencia ante algún estímulo é medida por instrumentos, cae na senda da física, en contraparte cando se describe o proceso consciente que se encarga de interpretar o estímulo -o "verdor" do verde ou a "tonalidade" do ton- estamos describindo a nosa experiencia inmediata e caendo no tomando da psicoloxía. De acordo con Wundt, os psicólogos non estudan o mundo exterior per se, estudan os procesos psicolóxicos mediante os cales experimentamos e observamos o mundo exterior. Ademais, non se poden separar a si mesmos dos seus obxectos de estudo dado que están estudando os seus propios procesos conscientes.

Mentres que os físicos teñen os seus instrumentos, para Wundt, a ferramenta dos psicólogos é a autoobservación experimental ou introspección. Agora, a introspección de Wundt non era unha especie de sesión de sofá, senón un proceso rixidamente controlado, e non se limitaba a autorreportes, comprendía medidas obxectivas, como tempos de reacción e asociación de palabras.

Nas súas introspeccións Wundt e os seus estudantes identificaron dous elementos básicos da vida mental: sensacións e sentimentos. Para eles, os complexos e cambiantes procesos mentais resultaban das conexións ou de sínteses creativas deses elementos, mais non no sentido clásico da física mecanicista. Para Wundt, as sensacións e sentimentos non eran soamente elementos que baten e interactúan; Do mesmo xeito que John Stuart Mill, adoptou un modelo da mente que enfatizaba os principios químicos en lugar dos mecánicos. Para Wundt a mente é unha forza creativa, dinámica, volitiva. Nunca podería ser entendida mediante a simple identificación dos seus elementos ou a súa estrutura estática. Pola contra debe entenderse a través da análise da súa actividade.

Posteriormente chamado estruturalista, Wundt chamou á súa psicoloxía voluntarismo.

Investigación de Wundt[editar | editar a fonte]

Edwin G. Boring (1929) e Roberts Watson (1978) clasificaron ao redor de 100 experimentos reportados en Philosophische studien durante un período de 21 anos e atoparon que 50 % dos estudos estaban vencellados coa sensación e percepción: estudos de visión a cor e contraste, memoria de imaxes e ilusións visuais. O tempo de percepción estudábase por medio de tempos estimados en intervalos. As sensacións táctiles eran estudadas usando os métodos fisiolóxicos desenvolvidos por Ernst Weber e Gustav Fechner.

Preto do 17 % dos experimentos reportados en Philosophische Studien empregaron os métodos de investigación iniciados por J.M. Cattell e a medición de tempos de reacción.

Os observadores de Leipzig eran adestrados para distinguir nas súas introspeccións entre sensacións e ideas tanto en Blickfeld (campo de atención) como no Blickpunkt (foco de atención). Wundt chamou percepción ao proceso mental que leva os contidos ao foco de atención. Hoxe en día chamaríase atención selectiva.

Outro 10% dos experimentos de Leipzig era relativo ao sentimento. Aos observadores presentábanselles latexos metrónomos e reportaban que certos patróns rítmicos eran máis pracenteiros cá outros: existía dimensión do sentimento de pracer contra dispracer. Noutras observacións definíronse: tensión contra relaxación e excitación contra calma.

Ao estudar os sentimentos, os wundtianos tamén utilizaron o método das "comparacións apareadas". Os sentimentos eran comparados un con outro e cun sentimento establecido de comparación. A compara dimensións que xurdiran en observacións anteriores. Ademais, as medicións da taxa de pulso, a respiración e a tensión muscular como índices da calidade do sentimento.

Finalmente, preto de 10% dos estudos reportados en Philosophische Studien trata sobre asociación. Para Wundt, asociación era un proceso de combinación nun estado pasivo de atención. Presentábase aos suxeitos palabras illadas e pedíaselles que respondesen cunha soa palabra. Ademais, estudábanse as conexións externas baseadas en conexións extrínsecas accidentais, que con frecuencia son o produto da historia individual da persoa (curva-accidente, pai-odio).

No laboratorio de Wundt, o papel do suxeito considerábase máis importante que o do experimentador, dado que o suxeito era a fonte de datos. Os suxeitos eran elementos psicoloxicamente sofisticados moi ben adestrados do laboratorio de Leipzig. Algunhas veces alternábanse os roles de suxeito e experimentador, outras veces, o suxeito e o experimentador eran a mesma persoa.

Psicoloxía etnolóxica[editar | editar a fonte]

Tamén coñecida como psicoloxía dos pobos, foi outro dos eidos de investigación de Wundt. Para achegarse aos procesos mentais superiores empregou un método de análise histórica de produtos colectivos, como son a linguaxe, os mitos, os costumes, os fenómenos sociais, a relixión, a arte, os sistemas morais... A natureza dos cales impedía o súa abordaxe mediante métodos experimentais ou concepcións individualistas. Esta psicoloxía etnolóxica, nas súas propias palabras, era vista por Wundt como un complemento á psicoloxía experimental ou individual e non as consideraba dominios diferenciados senón métodos distintos da psicoloxía.

As súas achegas neste eido ficaron recollidas en moitas das súas obras aínda que principalmente nos dez volumes da Psicoloxía dos pobos, publicados entre 1900 e 1920 e en Elementos de psicoloxía dos pobos, de 1912-1913. Estas achegas de Wundt foron normalmente esquecidas, sendo lembrado unicamente polas súas achegas como investigador experimental, aínda que correntes como a psicoloxía cultural volveron a cabeza atrás e viron a Wundt coma antergo.

Wundt como titor[editar | editar a fonte]

Unha ampla variedade de experimentos realizábanse en Leipzig. Sen un gran número de Estudantes, tal volume de investigación non sería posible. A fins do século XIX, Leipzig era o centro da nova ciencia da psicoloxía e unha das contribucións máis importantes de Wundt ao seu desenvolvemento e influencia que tivo sobre os estudantes. Varios foron os personaxes que se beneficiaron do laboratorio de Wundt entre eles destacaron Emil Kraepelin, Hugo Münsterberg, Victor Henri e B. Bourdon, de Francia; De Rusia, Vladimir M. Bekhterev contemporáneo de Pavlov, e entre os estudantes dos Estados Unidos Charles Spearman, Edward Titchener, Hugo Eckener e James McKeen Cattell.

Principais obras[editar | editar a fonte]

  • Die Lehre von der Muskelbewegung, 1858.
  • Lehrbuch der Physiologie des Menschen, 1865.
  • Die physikalischen Axiome und ihre Beziehung zum Causalprincip, 1866.
  • Handbuch der medicinischen Physik, 1867.
  • Beiträge zur Theorie der Sinneswahrnehmung, 1862.
  • Vorlesungen über die Menschen- und Thierseele, 1863/1864.
  • Grundzüge der physiologischen Psychologie, 1874 texto online.
  • Untersuchungen zur Mechanik der Nerven und Nervencentren, 1876.
  • Logik, 1880 a 1883, 3 Vols.
  • Essays, 1885.
  • Ethik, 1886.
  • System der Philosophie, 1889.
  • Hypnotisme et suggestion, 1892 (trad. 1893, Félix Alcan) texto online.
  • Grundriß der Psychologie, 1896.
  • Völkerpsychologie, 10 Vols., 1900 ata 1920.
  • Kleine Schriften, 3 Vols., 1910.
  • Einleitung in die Psychologie, 1911.
  • Probleme der Völkerpsychologie, 1911.
  • Elemente der Völkerpsychologie, 1912.
  • Reden und Aufsätze, 1913.
  • Sinnliche und übersinnliche Welt, 1914.
  • Über den wahrhaftigen Krieg, 1914.
  • Die Nationen und ihre Philosophie, 1915.
  • Erlebtes und Erkanntes, 1920.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Morris, Charles (1997). Introducción a la Psicología (Novena edición ed.). Prentice Hall. ISBN 968-880-856-3. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]