Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Junta para Ampliación de Estudios
Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas (JAE)
Información xeral
Formación 11 de xaneiro de 1907
Disolución 1 de abril de 1939
Substituída por CSIC
Director Santiago Ramón y Cajal (1907-1934)

A Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas (JAE) foi unha institución creada en 1907,[1] no marco da Institución Libre de Enseñanza, para promover a investigación e a educación científica en España. Presidida por Santiago Ramón e Cajal desde a súa fundación até a súa morte en 1934. Foi desmantelada en 1939 tras a derrota republicana na Guerra Civil, e a partir da súa estrutura creouse o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC).[2]

Fundación[editar | editar a fonte]

A creación en 1907 da Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas, herdeira en gran medida da Institución Libre de Enseñanza (1876), inaugurou una etapa de desenvolvemento até entón non alcanzado para a ciencia e a cultura españolas. O Real Decreto polo que se crea a xunta foi asinado por Alfonso XIII o 11 de xaneiro de 1907, e a exposición do preámbulo foi escrito polo ministro de Instrución Pública e Belas Artes de entón Amalio Gimeno. En devandita exposición, despois de citar exemplos das iniciativas doutros países, afirmaba:

Y, sin embargo, no falta entre nosotros gloriosa tradición en esta materia. La comunicación con judíos y la mantenida en plena Edad Media con Francia, Italia y Oriente; la venida de los monjes de Cluny, la visita a las Universidades de Bolonia, París, Montpelier y Tolosa; los premios y estímulos ofrecidos a los clérigos por los Cabildos para ir a estudiar al extranjero, y la fundación del Colegio de San Clemente en Bolonia, son testimonio de la relación que en tiempos remotos mantuvimos con la cultura universal. La labor intelectual de los reinados de Carlos III y Carlos IV, que produjo la mayor parte de nuestros actuales Centros de cultura, tuvo como punto de partida la terminación del aislamiento en que antes habíamos caído, olvidando nuestra tradición envidiable, y restableció la comunicación con la ciencia europea, que, interrumpida luego por diversas causas, no conserva ahora sino manifestaciones aisladas, como las pensiones para viajes concedidas a los becarios de Salamanca y el Colegio de Bolonia.

O 15 de xaneiro foron nomeados, por real decreto, como vogais: Santiago Ramón e Cajal, José Echegaray, Marcelino Menéndez Pelayo, Joaquín Sorolla, Joaquín Costa, Vicente Santamaría de Paredes, Alejandro San Martín e Satrústegui, Julián Calleja Sánchez, Eduardo Vincenti, Gumersindo de Azcárate, Luís Simarro, Ignacio Bolívar (segundo e último presidente da xunta), Ramón Menéndez Pidal, José Casares Gil, Adolfo Álvarez-Buylla e González-Alegre, José Rodríguez Carracido, Julián Ribera y Tarragó, Leonardo Torres Quevedo, José Marvá e Mayer, José Fernández Jiménez e Victoriano Fernández Ascarza.[3]

Importancia[editar | editar a fonte]

A xunta foi o organismo que maior impulso deu ao desenvolvemento e difusión da ciencia e cultura españolas a través dun programa moi activo de intercambio de profesores e alumnos e o establecemento de bolsas para estudar no estranxeiro (pensionados),[4] nun intento exitoso de saír do pesimismo decimonónico e abrirse ao estranxeiro establecendo un diálogo aberto cos países máis modernos de Europa como o único medio de avance e progreso. Obra de poucos homes, liderada polo seu presidente, Santiago Ramón e Cajal, e sobre todo polo seu secretario e eminencia gris, José Castillejo,[5] no seu seo formáronse e traballaron os mellores intelectuais e científicos de España entre 1907 e 1939, personalidades como Rafael Altamira, Cándido Bolívar, Odón de Buen, Américo Castro, Miguel Catalán, Francisco Durán Reinals, José Fernández-Nonídez, Cruz Gallástegui, Antonio García Solalinde, Samuel Gili Gaya, María de Maeztu, Faustino Miranda, Enrique Moles, Tomás Navarro Tomás, Juan Negrín, Severo Ochoa, Federico de Onís, Pío del Río Hortega, Julio Rey Pastor, José Royo, ou Luís de Zulueta e Antonio de Zulueta,[6] entre moitos outros e ademais dos xa mencionados Cajal, Bolívar, Cabrera, Castillejo e Simarro, no seu eixo director.[7]

Institutos e centros[editar | editar a fonte]

A xunta logrou crear un armazón de centros e laboratorios nos que a ciencia e as humanidades comezaron a ter un desenvolvemento que pronto adquiriría alcance e recoñecemento internacional, algo en certo xeito insólito na España dos vellos valores tradicionais.[6][8]

Edificio do Instituto Internacional da rúa Miguel Ángel, primeira sede do Instituto-Escuela e posterior sede do Colexio Estudio.

A lista de centros e institutos resulta tan relevante como os intelectuais e científicos colocados á fronte deles, empezando pola personalidade de Cajal á fronte do conxunto da JAE e de forma máis específica do Instituto Nacional de Ciencias Físico-Naturais (1910), con Cabrera como lugartenente e continuador; ou Ramón Menéndez Pidal, á fronte do Centro de Estudos Históricos, en Madrid, tamén desde 1910. A JAE agrupou, desenvolveu e dotou con novas instalacións (laboratorios, bibliotecas etc) a institucións xa existentes como o Museo de Ciencias Naturales, o Museo Antropológico, o Real Jardín Botánico de Madrid ou a Estación Biolóxica de Santander; así mesmo coordinou laboratorios como o de Investigacións Biolóxicas, o de Investigacións Físicas, a Estación Alpina de Bioloxía do Guadarrama, a Misión Biolóxica de Galicia, ou a Comisión de Investigacións Paleontológicas e Prehistóricas.[6] Ademais, a JAE, desde o seu nivel de alto organismo público, sincronizou e apoiou as actividades de espazos docentes especiais como o Instituto-Escuela ou a Residencia de Estudiantes, para os que habilitou o Seminario Matemático e os Laboratorios de Química, Fisiología, Bacteriología etc.[6][9]

Influencia exterior[editar | editar a fonte]

Por outra banda, a Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas xogou un papel decisivo nas relacións con América Latina, potenciadas por unha Real Orde promulgada o 16 de abril de 1910, pola que se apoiaba o intercambio de profesores e alumnos e a edición de obras sobre a sociedade, a evolución da cultura e da economía e a historia natural de América. O intercambio suscitado orixinou unhas novas relacións e maneiras de mirarse e entenderse entre americanos e españois e auspiciou a creación de institutos, departamentos e cátedras universitarias sobre lingua, cultura, historia e civilización españolas, moitos dos cales seguiron o modelo organizativo e científico dos centros españois da Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas na súa organización e funcionamento.

Disolución[editar | editar a fonte]

O espírito de modernización e reforma que representaba a xunta non contaba coa simpatía dos sectores que promoveron e apoiaron o golpe de estado en España de xullo de 1936. O goberno de Burgos decretou a súa disolución (19 de maio de 1938), transferindo as súas funcións a un recentemente fundado Instituto de España, aínda que a xunta seguiu funcionando na zona republicana até o final da guerra. Terminada a Guerra Civil, o 24 de novembro de 1939, o ditador Franco promulgou a lei pola que se creaba o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), dispondo que en diante:[10]

[...] todos los Centros dependientes de la disuelta Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas, de la Fundación de Investigaciones Científicas y Ensayos de Reformas y los creados por el Instituto de España, pasarán a depender del Consejo Superior de Investigaciones Científicas.

É necesario especificar que o CSIC foi fundado cun espírito diferente e mesmo antagónico ao da JAE, como pode lerse nas súas leis fundacionais,[11] ou no discurso do seu fundador e presidente José Ibáñez Martín, para liquidar:[12]

[...] todas las herejías científicas que secaron y agostaron los cauces de nuestra genialidad nacional y nos sumieron en la atonía y la decadencia...Nuestra ciencia actual, en conexión con la que en los siglos pasados nos definió como nación y como imperio, quiere ser ante todo católica.
José Ibáñez Martín
Discurso inaugural do CSIC, outubro de 1940.[13]

Polo que dificilmente podería presentarse o CSIC como continuador da Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas, aínda que si froito dunha singular substitución.[14][15]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Jiménez-Landi, Antonio. La Institución Libre de Enseñanza (en español) (Universidad de Barcelona ed.). Taurus. ISBN 9788430635139.  (4 volumes).
  • Castillo Martos, Manuel e Rubio Mayoral, Juan Luis (2015). Enseñanza, ciencia e ideología en España (1890-1950). Sevilla. Vitela Gestión Cultural.
  • Formentín Ibáñez, Justo e José María Villegas Sanz (1992). Relaciones Culturales entre España y América: la Junta para Ampliación de Estudios. Madrid. Mapfre.
  • Gurriarán, R. (2006). Ciencia e conciencia na Universidade de Santiago (1900-1940): do influxo institucionista e a JAE á depuración do profesorado. USC. ISBN 84-9750-644-8. 
  • Laporta, F. J., Miguel A. Ruiz, Zapatero, V. e J. Solana (1987). Los orígenes culturales de la Junta para Ampliación de Estudios. Arbor, CXXVI/493 (Madrid, xaneiro).
  • López Sánchez, José María (2006). Heterodoxos españoles. El Centro de Estudios Históricos, 1910-1936. Madrid. Marcial Pons-CSIC.
  • Marín Eced, Teresa (1991). Innovadores de la educación en España: becarios de la Junta de Ampliación de Estudios (en castelán). Universidad de Castilla la Mancha. ISBN 9788477291077. 
  • Naranjo Orovio, Consuelo, L. María Dores Luque e Miguel Ángel Puig-Samper (editores). Los lazos de la cultura. El Centro de Estudios Históricos de Madrid y la Universidad de Puerto Rico, 1916-1939. Madrid. CSIC-Universidad de Puerto Rico, 2002.[1]
  • Puig-Samper Mulero, M. A. (ed.). Tiempos de investigación: JAE-CSIC, cien años de ciencia en España. Madrid. CSIC. 2007.[2]
  • Sánchez Ron, José María (coordinador). 1907-1987. La Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas 80 años después. 2 vols. Madrid. CSIC. 1988. Vol I Vol II
  • Caballero Garrido Ernesto (coordinador). 'La Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas: historia de sus centros y protagonistas (1907-1939). Autor principal Mª Carmen Azcuenaga Cavia. Asociación Nacional de Estudiantes e Investigadores SIGLO XXI, 2010. ISBN 9788497044950.
  • Sánchez (coordinador), Isidro (2012). ALMUD, ed. Educación, Ciencia y Cultura en España: Augue y colapso (1907-1940). Pensionados de la JAE. Ediciones de Castilla-La Mancha. ISBN 9788493977580. 

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]