Rafael Louzán
(2017) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de novembro de 1967 (56 anos) Ribadumia, España |
Presidente Real Federación Galega de Fútbol | |
19 de decembro de 2014 – ← José García Liñares | |
Presidente da Deputación de Pontevedra | |
2003 – 2015 ← Manuel Abeledo – Carmela Silva → | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Rafael Louzán Abal, nado en Ribadumia o 21 de novembro de 1967, é un político e empresario galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]No ano 1995 foi elixido tenente de alcalde do seu concello, Ribadumia, onde traballaba de funcionario, tras presentarse ás eleccións municipais dentro das listas do Partido Popular. Ese mesmo ano foi elixido deputado da Deputación de Pontevedra pola comarca do Salnés. Ó ano seguinte asumiu unha das vicepresidencias da institución, e o 12 de xullo de 2003 foi elixido presidente, substituíndo a Manuel Abeledo.
En 1998 foi elixido secretario de organización do Partido Popular na provincia de Pontevedra e en maio de 2000 pasou a ser presidente provincial, cargo para o que foi reelixido dous anos despois. Dous meses despois logrou un posto no comité executivo galego do partido.
O 19 de decembro de 2014 foi elixido presidente da Real Federación Galega de Fútbol, sendo reelixido sen votación en 2018 ao non presentarse ningún outro candidato.[1]
Tralas eleccións municipais de 2015 saíu elixido de novo concelleiro en Ribadumia. Deixou a Presidencia da Deputación, ao perder o PP a maioría absoluta nesta cámara.[2]
En 2015 foi investigado por un suposto delito de suborno por un xulgado de Cambados. En xaneiro de 2016 anunciou o abandono da presidencia provincial do PP.[3] A investigación pechouse en 2018, cando a Fiscalía renunciou a seguir co caso despois de que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia anulara as probas obtidas en dita investigación.[4]
En febreiro de 2021 foi condenado a dous anos de cárcere e oito de inhabilitación para cargos públicos por un delito de prevaricación e outro de fraude por conceder unha axuda de 86.311€ ao concello de Moraña para que realizase unhas obras no campo de fútbol que xa estaban executadas.[5][6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Presidente. Real Federación Galega de Fútbol
- ↑ Carmela Silva: "Desde hoy, la Diputación es la casa del pueblo", Faro de Vigo, 17/07/2015 (en castelán)
- ↑ Louzán deja la presidencia del PP y anuncia mociones de censura para recuperar concellos.
- ↑ "Archivan la causa contra Louzán por los supuestos sobrecostes en alquileres". Diario de Pontevedra (en castelán). 9 de novembro de 2018. Consultado o 6 de febreiro de 2021.
- ↑ "Rafael Louzán e a delegada da Xunta en Pontevedra condenados a dous anos de prisión e oito de inhabilitación". Nós Diario. 5 de febreiro de 2021. Consultado o 6 de febreiro de 2021.
- ↑ Redacción (5 de febreiro de 2021). "Rafael Louzán, condenado a dos años de cárcel y ocho de inhabilitación por prevaricación y fraude". laopinioncoruna.es (en castelán). Consultado o 7 de febreiro de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rafael Louzán |
Predecesor: Manuel Abeledo |
Presidente da deputación de Pontevedra 2003 - 2015 |
Sucesor: Carmela Silva |