Estadio La Rosaleda
| La Rosaleda | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| La Rosaleda (en) | |||||||||
|
Instancia de
| |||||||||
|
Deporte
| |||||||||
| Persoas e organizacións | |||||||||
|
Operador/a
| |||||||||
|
Ocupante
| |||||||||
|
Propietario/a
| |||||||||
|
Arquitecto/a
José Seguí | |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||
La Rosaleda é un estadio de fútbol que se atopa na cidade de Málaga (España). É sede do Málaga Club de Fútbol de Primeira División.
Anteriormente foi sede do Club Deportivo Málaga, do cal o Málaga CF é herdeiro. O filial malaguista tamén o utilizou como terreo de xogo habitual durante o seu período en Segunda. O Trofeo Costa do Sol de fútbol, organizado anualmente polo Málaga Club de Fútbol xunto co Concello de Málaga, celébrase neste estadio. A súa capacidade é de 30.044 espectadores, situándoo no cuarto posto entre os estadios de Andalucía.
Este campo de fútbol substituíu o histórico campo malagueño dos Baños del Carmen. Ao alagarse este, La Rosaleda viuse obrigada a ser utilizada por primeira vez o 13 de abril de 1941 cun partido oficial entre o CD Malacitano e a AD Ferroviaria de Madrid. No entanto, a inauguración oficial produciuse o 14 de setembro de 1941, cun partido amigable entre o CD Málaga e o Sevilla FC. Neste partido, o Málaga tamén estreaba nome, pois a súa denominación anterior era CD Malacitano.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Partido do Málaga
- O estadio, na zona norte de Málaga
- Partido do Málaga