Fuenlabrada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 40°16′57″N 3°47′33″O / 40.28250, -3.79250

Fuenlabrada
Flag of Fuenlabrada.svg
Escudo de Fuenlabrada.svg
Localización
Fuenlabrada (Madrid) mapa.svg
PaísEspaña España
Com. AutónomaMadrid
ProvinciaMadrid
ComarcaÁrea metropolitana de Madrid
Xeografía
Altitude664 msnm
Superficie39,1 km²
Demografía
Poboación198.132 hab. (2012)
Densidade5.067,31 hab./km²
Xentiliciofuenlabreño/a
Outros datos
Código postal28940–28947
AlcaldeManuel Robles (PSOE)
Páxina oficial

Fuenlabrada é unha cidade da Comunidade de Madrid, que pertence á área metropolitana de Madrid. Situada a uns 20 quilómetros ao sur de Madrid, limita con Móstoles, Arroyomolinos, Moraleja de Enmedio, Humanes de Madrid e Villarta de los Montes.

O nome de Fuenlabrada probablemente vén de Fonte Labrada, por unha fonte construída na actual Loranca, aldea precursora de Fuenlabrada xunto á de Fregacedos, cara ó século XII.

É unha das principais cidades da área metropolitana de Madrid, na cal son importantes a industria e os servizos. É un dos municipios cunha poboación máis xove en todo o territorio español. Isto débese a un proceso de migración que tivo lugar nos anos 80, e á chegada de moitos xoves que procuraban vivenda, sendo así tamén a cidade moi castigada pola especulación inmobiliaria. En moi pouco tempo, a cidade pasou de ter 18.442 habitantes no 1975 a ter 196.318 a 1 de xuño do 2004. O seu crecemento foi espectacular, un 874,6 por cento.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.