Saltar ao contido

Edu Expósito

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Eduardo Expósito»)
Infotaula de personaEdu Expósito
Biografía
Nacemento1 de agosto de 1996 Editar o valor em Wikidata (27 anos)
Cubelles, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2015 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoCentrocampista Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
- Deportivo da Coruña Editar o valor em Wikidata

Eduardo "Edu" Expósito Jaén, nado en Cubelles o 1 de agosto de 1996, é un futbolista español. Xoga de centrocampista no Espanyol, da Primeira División.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formouse como futbolista na canteira do Cubelles da súa vila natal, pasando máis tarde polas categorías inferiores do Vilanova e o Gavà. En 2014, no seu último ano como xuvenil, ingresou no Damm, co que disputou a División de Honra ás ordes de Cristóbal Parralo.[1]

No verán de 2015 foi fichado polo Fabril, equipo filial do Deportivo da Coruña, que incorporou tamén ao seu compañeiro Lucas Viñas.[1][2] Debutou co equipo de Manuel Mosquera na Terceira División na primeira xornada da tempada 2015/16, fronte ao Boiro no campo de Barraña, substituíndo na segunda parte a Hugo Rama.[3] Continuou na titularidade durante case todo o resto da tempada, na que disputou sen éxito a promoción de ascenso.

Debutou co primeiro equipo do Deportivo o 7 de maio de 2017, durante o seu segundo ano na Coruña, na antepenúltima xornada da Primeira División ante o Espanyol en Riazor. O adestrador Pepe Mel aliñouno no centro do campo titular, xunto a Celso Borges, Guilherme e Emre Çolak, nun encontro que acabou en derrota (1-2).[4] Unhas semanas despois certificou co Fabril o ascenso á Segunda División B, despois de que o equipo se proclamase campión do Grupo I de Terceira e derrotase ao Cacereño na promoción. Durante a tempada 2017/18 militou na terceira categoría do fútbol español, ao tempo que compaxinaba máis partidos co primeiro equipo. Pechou a súa etapa de tres anos no Fabril cun total de 95 partidos e 15 goles.

Para a campaña 2018/19 foi subido definitivamente ao primeiro equipo, que acababa de descender á Segunda División e que comezaba a competición con Natxo González como adestrador.[5] Xogou 40 partidos ao longo da tempada, marcando dous goles (ante Numancia e Nàstic), e foi titular nos catro encontros da promoción de ascenso a Primeira, na que o equipo galego caeu eliminado ante o Mallorca.[6]

O 13 de xullo de 2019, anunciouse o seu traspaso ao Eibar, equipo da Primeira División.[7] Xogou as dúas primeiras campañas na máxima categoría, ás ordes de Mendilibar, ata que o equipo descendeu en 2021. Militou unha terceira tempada no club de Ipurua, acadando os 117 partidos e 12 goles.[8]

No verán de 2022 regresou á Primeira División, fichando polo Espanyol,[8] co que sumou un novo descenso ao remate da tempada.[9]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Fabril

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Edu Expósito: "El paso por la Damm fue clave para ser profesional"" (en castelán). 1 de maio de 2020. Consultado o 26 de outubro de 2023. 
  2. "O Fabril refórzase co portugués Manú e Edu Expósito". 20 de xullo de 2015. Consultado o 26 de outubro de 2023. 
  3. "Boiro - Fabril 2015". BDFutbol (en castelán). Consultado o 26 de outubro de 2023. 
  4. "O Dépor deixa escapar outra oportunidade de pechar a permanencia (1-2)". 7 de maio de 2017. Consultado o 26 de outubro de 2023. 
  5. Barreiros, Pedro (15 de xullo de 2018). "Edu Expósito: «Quiero ganarme un sitio más a fondo»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 26 de outubro de 2023. 
  6. "En la orilla" (en castelán). 23 de xuño de 2019. Consultado o 26 de outubro de 2023. 
  7. "Edu Expósito, traspasado á SD Eibar". 13 de xullo de 2019. Consultado o 26 de outubro de 2023. 
  8. 8,0 8,1 "Edu Expósito deja el Eibar y jugará en el Espanyol". ETB (en castelán). 8 de agosto de 2022. Consultado o 26 de outubro de 2023. 
  9. "Edu Expósito tiene muy claro que el Espanyol «volverá» a Primera" (en castelán). 6 de xuño de 2023. Consultado o 26 de outubro de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]