Club Deportivo Mirandés
Mirandés | |||
---|---|---|---|
Nome | Club Deportivo Mirandés | ||
Alcume(s) | Rojillos, Jabatos | ||
Fundación | 3 de maio de 1927 | ||
Estadio | Municipal de Anduva, Miranda de Ebro, España | ||
Inauguración | 1950 | ||
Capacidade | 6.500 | ||
Presidente | Ramiro Revuelta | ||
Adestrador | Andoni Iraola | ||
Liga | Segunda División | ||
2018–19 | 3º (2ªB – Grupo 2) | ||
Vestimenta | Bemiser | ||
Patrocinador | Caja de Burgos | ||
Na rede | |||
http://www.cdmirandes.com/ | |||
| |||
O Club Deportivo Mirandés é un club de fútbol con sede na cidade de Miranda de Ebro, na provincia de Burgos, España. Foi fundado o 3 de maio de 1927 que xoga na Segunda División Española. O club exerce de local no Estadio Municipal de Anduva, que conta cunha capacidade aproximada de 6.500 espectadores.
Nas súas vitrinas constan un título de liga de Segunda B, catro de Terceira División, unha Copa de Castela e León e o Trofeo invicto Don Balón entre outros premios. Entre os clubs que existe unha rivalidade especial atópase o Burgos CF, Deportivo Alavés e Haro Deportivo. Durante a tempada 2011-12, o orzamento ascende aos 1 200 500 € e o número de socios aos 3.500.
Na tempada 2011-12 fai historia converténdose no segundo equipo de Segunda B que chega ás semifinais da Copa do Rei.[1] Logo de eliminar a Villarreal CF, Racing de Santander e RCD Espanyol, tres equipos de Primeira a dobre partido, quedou a un paso da final logo de perder contra o Athletic Club. Esa mesma tempada consegue o primeiro ascenso da súa historia á Segunda División.[2]
Uniforme
[editar | editar a fonte]- Uniforme titular: Camiseta vermella, pantalón negro e medias vermellas.
- Uniforme alternativo: Camiseta negra, pantalón negro e medias vermellas.
- Terceiro uniforme: Camiseta dourada, pantalón negro e medias vermellas.
Estadio
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Estadio Municipal de Anduva.
O estadio do Mirandés é o Estadio Municipal de Anduva, propiedade do concello de Miranda de Ebro. Foi inaugurado o 22 de xaneiro de 1950, aínda que xa fora estreado en setembro de 1949 con motivo do inicio de liga. Posúe unha capacidade para 6.000 espectadores, algúns sentados pero maioritariamente de pé, e unhas dimensións de 105 x 69 metros. O terreo de xogo é de céspede natural.
O partido inaugural, de Terceira División, enfrontou ao Mirandés co CD Logroñés (0-1). O Estadio de Anduva alberga de forma regular os partidos de liga do Mirandés, pero tamén foi escenario doutros acontecementos deportivos, entre os que destaca o encontro das seleccións de fútbol sub-21 de España e Polonia en 2006 (0-1).
Anterior a este estadio, o club rojillo disputou os seus encontros noutros escenarios. Durante o primeiro ano de vida, o Club Deportivo Mirandés xogou no Campo de Kronne. Ao ano seguinte o equipo trasladouse a outro campo, e o 26 de maio de 1928 disputouse o primeiro partido no Campo da Estación. O partido inaugural deste campo enfrontou ao CD Mirandés contra o Club Ciclista, outro equipo local, e saldouse cunha vitoria mirandesista por 7 goles a 1. O club permaneceu no Campo da Estación ata a inauguración do Estadio de Anduva en 1950.
Datos do club
[editar | editar a fonte]- Socios: 3.523
- Tempadas en 1ª: 0
- Tempadas en 2ª: 6 (Incluída a 2019/20)
- Tempadas en 2ªB: 15
- Tempadas en 3ª: 50
- Mellor posto na Copa do Rei: Semifinais (2011-12)
- Promocións de ascenso a Segunda: 5 (2 ascenso)
- Promocións de ascenso a Segunda B: 8 (2 ascensos)
- Máxima puntuación en liga: 95 puntos (2007–08)
- Máximo goleador: Pablo Infante
Xogadores
[editar | editar a fonte]Cadro actual
[editar | editar a fonte]
|
|
Palmarés
[editar | editar a fonte]Torneos nacionais
[editar | editar a fonte]- Semifinalista da Copa do Rei (1): 2011-12
- Segunda División B de España (1): 2011-12
- Subcampión de Segunda División B (1): 2010-11
- Terceira División de España (4): 1988-89, 2002-03, 2006-07, 2007-08
- Subcampión de Terceira División (4): 1957-58, 2000-01, 2005-06, 2008-09
Torneos rexionais
[editar | editar a fonte]- Copa de Castela e León (1): 2011-12
Torneos amigables
[editar | editar a fonte]- Trofeo Ciudad de Briviesca (1): 1982
- Trofeo Ciudad de Miranda (1): 1980
- Trofeo Kali Garrido (1): 2010
- Torneo Pacopin (1): 2011
- Torneo Asociación Bodegas Rioja Alavesa (1): 2011
Premios
[editar | editar a fonte]- Trofeo invicto Don Balón (1): 2002-03
- Premio "Juego Limpio" 2ªb (1): 2010-11
- Medalla do Concello de Miranda de Ebro: 2002
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "O Mirandés, segundo equipo de Segunda B que accede a semifinais". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 06 de marzo de 2012.
- ↑ O Mirandés xa é de Segunda
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Club Deportivo Mirandés |