Yuri de Souza
(2018) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Nacemento | 8 de agosto de 1982 Maceió, Brasil | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Altura | 186 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Peso | 78 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Período de actividade | 2000 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Nacionalidade deportiva | Brasil | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Posición de xogo | Dianteiro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Yuri de Souza Fonseca, nado en Maceió (Alagoas) o 8 de agosto de 1982, é un exfutbolista brasileiro que xogaba na demarcación de dianteiro centro. Amplamente considerado como o mellor e máis emblemático xogador na historia da Ponferradina, é o futbolista con máis partidos disputados co club berciano (511), así como o seu máximo goleador histórico (197).[1][2]
É irmán do tamén futbolista Igor de Souza e curmán do ex xogador Charles Dias, cos que coincidiu no mesmo equipo na súa época no Pontevedra.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou a xogar ao fútbol en Portugal, onde viviu dende os cinco anos de idade. Formouse nas categorías inferiores do FC Maia, debutando co primeiro equipo no ano 2000. Xa comezada a tempada 2002/03 foi traspasado ao Boavista FC, co que remataría o curso, e nos dous seguintes anos foi cedido ao Gil Vicente FC e ao Estoril Praia.
Faltándolle un ano de contrato co equipo portugués, decidiu rescindilo e buscar equipo na liga española. Así no verán de 2005 fichou polo Pontevedra CF, no que militou ata 2009 na Segunda División B Española salvo un ano que estivo cedido no UD Las Palmas na categoría de prata. No club galego coincidiu co seu irmán Igor e o seu curmán Charles, formando un histórico tridente ofensivo que marcou 89 goles en dous anos.[3]
De cara á tempada 2009–10 fichou pola SD Ponferradina, en Segunda División B. Durante os seguintes anos converteuse no futbolista máis importante da historia do club berciano, disputando máis de 500 partidos e superando a Marcos Tyrone como o máximo goleador histórico do equipo.[4][1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Álex, Estébanez (7 de novembro de 2022). "Yuri, la leyenda inagotable de la Ponferradina" (en castelán). Consultado o 11 de febreiro de 2024.
- ↑ López, Eneko (20 de xuño de 2025). "Yuri de Souza, un berciano de sangre ‘canarinha’". Panenka (en castelán). Consultado o 3 de xullo de 2025.
- ↑ Sabatés, Roger (28 de maio de 2021). "Un brasileño de récord en Ponferrada". El País (en castelán). Consultado o 5 de decembro de 2021.
- ↑ "Yuri ya es el máximo goleador histórico de la Ponferradina" (en castelán). Consultado o 5 de decembro de 2021.