Situado a 16°17′ de latitude Norte e 61°29′ de lonxitude Oeste, o Departamento de Guadalupe é un grupo insular das Pequenas Antillas. Como xa se dixo, as illas reciben o seu nome tras a chegada a elas de Cristovo Colón na súa segunda viaxe. Tras a longa viaxe cruzando o océano Atlántico a expedición chegou á Désirade dándolle ese nome debido ao desexo por pisar terra firme dos mariñeiros.
O arquipélago de Guadalupe está formado polas illas seguintes:
A Guadalupe propiamente dita que está composta por dúas illas distintas, separadas por un estreito brazo de mar, chamado a Rivière Salée, pero conectadas entre elas por dúas pontes. Estas dúas illas son a Basse-Terre (848km²), a máis grande e montañosa das dúas que é de orixe volcánica e cuxo punto máis alto é o volcán en activo a Soufrière (1467 m) e a segunda, a Grande-Terre (588km²), de substrato calcario, composta por unha chaira árida dentada de costas rochosas e salvaxes. É na costa sur da Grande-Terre onde se sitúan a maioría de centros turísticos, con praias de area branca e arrecifes coralinos. Esta zona coñécese como a Riviera.
A Illa de San Bartolomeu, ademais da parte norte da illa de Saint-Martin, dependían administrativamente de Guadalupe, a cal sepárase para converterse en Colectividade Territorial en febreiro de 2007. Están situadas máis ao nordés e separadas do resto de Guadalupe por Saint Kitts e Nevis, Montserrat e Antiga e Barbuda.
1635: os franceses desembarcan na illa en Pointe Allègre e inician unha guerra contras os indios caribes, tomando posesión da illa o 28 de xuño. Os exploradores foran enviados pola Compañía das Indias, organización mercantil creada polo Cardeal Richelieu. Decimáronse aos indios caribeños despois do fracaso das súas tentativas para explotalos e levaron a escravos africanos introducindo a cana de azucre, principal recurso económico de Guadalupe.
1643 - 1664: Charles Houël é nomeado gobernador de Guadalupe. Funda a vila de Basse-Terre e cómpralle a illa á Compagnie des îles d'Amérique. Lois XIV de Francia concédelle o título de Marqués de Guadalupe. É nesta época cando a economía se orienta cara á cultura da cana de azucre e se traen os primeiros escravos africanos para satisfacer as necesidades de man de obra xa que os indios caribes foron decimados nun intento de escravizalos.
1802: o xeneral Richepance restableceu a escravitude por orde de Napoleón Bonaparte e reprimiu a sublevación de Delgrès.
1848: o 27 de abril, a proposición de Victor Schoelcher para abolir a escravitude é aceptada e asinada. A partir deste momento tráense ás illas traballadores provenientes da India e doutras rexións de Asia.
1871: Guadelupe comeza a estar representada no Parlamento Francés e Hégésippe Légitimus foi o seu primeiro deputado.
En 2003 propúxose a fusión das institucións rexionais e departamentais nun novo modo de orgranización. Esta proposición foi rexeitada por referendo. Con todo, as illas de Saint-Barthélemy e de Saint-Martin aceptaron a reforma, que propuña facer de cada unha delas unha colectividade territorial distinta de Guadalupe. Estas dúas illas non estarán máis unidas a Guadalupe cando a reforma póñase en funcionamento, a cal fíxose efectiva o 22 de febreiro do 2007.
Evolución da poboación de Guadalupe entre 1961 e 2003.
A poboación de Guadalupe, amplamente mestizada, é o produto do encontro dos amerindios, europeos, africanos e hindús, que xuntos elaboraron no curso do tempo unha cultura chamada crioula.
A economía da Guadalupe depende do turismo e da agricultura principalmente. O seu PIB por habitante equivale á metade do de Francia metropolitana. Por iso Guadalupe benefíciase dos fondos estruturais que outorga a Unión Europea ás zonas económicas menos favorecidas.