Estadio Fernando Torres

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 40°17′30″N 3°49′34″O / 40.29167, -3.82611

Estadio Fernando Torres
EstadioFernandoTorresFuenlabrada.jpg
Datos
LocalizaciónCamino del Molino, s/n
Fuenlabrada, Madrid Comunidade de Madrid
España España
Construción
Inauguración1 de setembro de 2011
Estadio
SuperficieCéspede
Dimensións104x65
Capacidade3.000
PropietarioConcello de Fuenlabrada
LocalíaCF Fuenlabrada

O Estadio Fernando Torres é un estadio de fútbol da cidade de Fuenlabrada, na Comunidade de Madrid. Leva o nome de Fernando Torres, natural da cidade, e nel xoga os seus partidos o Club de Fútbol Fuenlabrada.

Historia[editar | editar a fonte]

Este estadio foi inaugurado o 1 de setembro de 2011, cun partido entre o CF Fuenlabrada e o Club Atlético de Madrid con motivo do Trofeo Villa de Fuenlabrada, cos pais do xogador internacional Fernando Torres como convidados de honra. Anteriormente realizou unha visita oficial o propio xogador internacional, onde fixo un saque de honra xunto ao alcalde Manuel Robles, o día que se lle fixo entrega da 1ª Medalla de Ouro da Cidade de Fuenlabrada, pola súa traxectoria deportiva profesional.[1]

Instalacións[editar | editar a fonte]

O estadio ten unha capacidade para máis de 3.000 espectadores, cuns 2.000 asentos na bancada lateral fixa, e outros 1.000 noutra bancada lateral supletoria. Nos fondos colocáronse grandes lonas, transmitindo a sensación dun recinto pechado.[2]

O estadio de fútbol englóbase dentro dunha cidade deportiva máis ampla, dotada de tres pistas cubertas de fútbol sala, piscinas cubertas e de verán, pistas de pádel e de tenis, e salas de fitness.[3]

Comunicacións[editar | editar a fonte]

Situado xunto á M-407, goza de boas conexións con municipios próximos como Moraleja de Enmedio, Griñón, Serranillos del Valle ou Carranque. Ademais, a proximidade da M-506 favorece o tránsito cara a e desde o centro de Madrid grazas ás súas múltiples conexións.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. marca.com. "Asenjo reapareció en partido oficial nueve meses después". Consultado o 7 de xullo de 2017. 
  2. "Web del C. F. Fuenlabrada - Estadio". Consultado o 7 de xullo de 2017. 
  3. Ayuntamiento de Fuenlabrada. "Ayuntamiento de Fuenlabrada - Ciudad Deportiva Fernando Torres". Consultado o 10 de xullo de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]