Saltar ao contido

Estadio de Gran Canaria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gran Canaria
As Palmas de Gran Canaria Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
Características
 Tipo superficie
Deporte
 Deporte
Implicados
 Propietario/a
 Operador/a
 Ocupante
Datas
 Fundación / creación
8 de maio de 2003 Editar o valor en Wikidata
 Inauguración
8 de maio de 2003 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Acontecementos importantes
Cifras e dimensións
 Prezo
   79.026.334 € Editar o valor en Wikidata
 Capacidade
   32.392 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Localización
 Coordenadas
Códigos e identificadores
Freebase/m/0b0s3g Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O Estadio de Gran Canaria é un estadio de fútbol da cidade das Palmas de Gran Canaria, nas Canarias, España. É un recinto deportivo que alberga os partidos da Unión Deportiva Las Palmas, equipo que milita actualmente na Primeira División.

Inauguración

[editar | editar a fonte]

O Estadio de Gran Canaria foi inaugurado o 8 de maio de 2003 cun partido que enfrontou á Unión Deportiva Las Palmas co RSC Anderlecht, no que se rexistrou o seu primeiro cheo. O resultado do encontro foi un 2-1 favorable ao conxunto canario. O primeiro gol anotado neste escenario conseguiuno o futbolista grancanario Rubén Castro. Sucesor do Estadio Insular, onde ata entón xogaba os seus partidos caseiros a UD Las Palmas, o Estadio de Gran Canaria ten pistas de atletismo.

Partidos internacionais

[editar | editar a fonte]

O seleccionador Luis Aragonés dirixiu o seu primeiro amigable coa selección española neste estadio, fronte á selección de Venezuela, o 18 de agosto de 2004. O partido terminou coa vitoria dos españois por 3-2.

O 18 de maio de 2007, a Real Federación Española de Fútbol acordou designar ao Estadio de Gran Canaria como sede do partido que enfrontou a España e Irlanda do Norte (1-0) o 21 de novembro de 2007, valedoiro para a fase de clasificación da Eurocopa 2008.

Partido entre España e Irlanda do Norte, 21 de novembro de 2007

Tras varios anos de ausencia, a Selección de fútbol das Canarias reaparece ante Angola no Estadio de Gran Canaria o 28 de decembro de 2007 (2-0).

Coa celebración do derbi rexional entre a UD Las Palmas e o CD Tenerife o 5 de abril de 2008, o Estadio de Gran Canaria rexistrou unha entrada de 29.123 espectadores, o que lle converte no derbi con maior asistencia da historia do fútbol canario.[1]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]