Agrupación Deportiva Alcorcón
Alcorcón | |||
---|---|---|---|
Nome | Agrupación Deportiva Alcorcón, S.A.D. | ||
Alcume(s) | La fiebre amarilla | ||
Fundación | 1971 | ||
Estadio | Santo Domingo Alcorcón, España | ||
Inauguración | 1999 | ||
Capacidade | 2.800 | ||
Presidente | ![]() | ||
Adestrador | ![]() | ||
Liga | Segunda División | ||
2013–14 | 9º | ||
Páxina web | Páxina web | ||
| |||
A Agrupación Deportiva Alcorcón é un club de fútbol da cidade de Alcorcón (Madrid). Foi fundado en 1971 e, desde o seu debut na tempada 2010/11, xoga na Segunda División Española.
Historia[editar | editar a fonte]
A Agrupación Deportiva Alcorcón foi fundada no ano 1971 por Dionisio Muñoz Jerez e tras varias tempadas deambulando por Rexional Preferente e Terceira división na tempada 1999-00 consegue o ascenso á Segunda división B española logrando finalizar na tempada 2000-01 (primeira da súa historia en Segunda B) na 12ª posición. Na seguinte tempada o club non realiza unha campaña tan boa como a anterior e finaliza na 16ª posición, moi preto dos postos de descenso a Terceira. Durante as seis tempadas seguintes o equipo logra quedar clasificado na zona media da táboa, ata a tempada 2008-09 na que queda clasificado como 3º do seu grupo, accedendo así a disputar a promoción de ascenso a Segunda División.
Na promoción de ascenso a segunda logrou eliminar na primeira rolda ao UE Sant Andreu (0-0 e 4-2) e na segunda rolda ao CD Alcoyano (1-0 e 2-1). Na fase final logrou un resultado de 0-0 fronte ao Real Unión de Irún na ida polo que o ascenso decidiríase no Stadium Gal de Irún. No partido disputado en Irún fronte ao Real Unión sufriu unha derrota por 3-1 dicindo adeus ao ascenso de categoría e tendo que conformarse con disputar a tempada 2009-10 en Segunda B. Na tempada 2009-10 o club participa de novo na Copa do Rei debido a que na tempada 2008-09 logrou quedar terceiro clasificado de Segunda B (grupo II).
Alcorconazo e ascenso a Segunda[editar | editar a fonte]
O 27 de outubro de 2009, o Alcorcón vive o episodio máis ilustre da súa traxectoria tras eliminar da Copa do Rei ao Real Madrid por un marcador global de 4-1. Este episodio foi chamado pola prensa española como o Alcorconazo. O equipo amarelo conseguiu un avultado 4-0 no partido de ida, disputado no Estadio Santo Domingo, e logrou superar a eliminatoria tras conseguir manter a vantaxe no partido de volta no Estadio Santiago Bernabéu, que acabou cun insuficiente 1-0 favorable a un decepcionante Real Madrid, o cal estaba infestado de estrelas do fútbol mundial como Cristiano Ronaldo, Kaká e Karim Benzema.
Nesa mesma tempada queda campión do grupo II de Segunda B e non pasa a primeira eliminatoria de ascenso de campións contra o Granada CF. Con todo, logra pasar as dúas seguintes eliminatorias e subir a Segunda División por primeira vez na súa historia.
Na tempada do debut en Segunda logra a permanencia sen moitos problemas. Na tempada 2011-12 convértese no equipo revelación da categoría e acaba na cuarta posición, disputando o playoff de ascenso a Primeira División. Na semifinal consegue eliminar ao Hércules, pero na final perde contra o Real Valladolid cun resultado global de 2-1, quedando a un paso da máxima categoría.
Uniforme[editar | editar a fonte]
- Uniforme titular: Camiseta amarela, pantalón amarelo e medias amarelas.
- Segundo equipamento: Camiseta branca, pantalón branco e medias brancas.
- Terceiro equipamento: Camiseta azul escuro, pantalón azul escuro e medias amarelas.
Estadio[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Estadio Santo Domingo.
O estadio do club é o Estadio Santo Domingo, de herba natural. Ten capacidade para 2.800 persoas, todas sentadas. A Cidade Deportiva Santo Domingo atópase no barrio das Retamas, e nas súas proximidades atópanse a estación de Las Retamas e o teatro Buero Vallejo.
Datos do club[editar | editar a fonte]
- Tempadas en 1ª: 0
- Tempadas en 2ª: 5
- Tempadas en 2ªB: 10
- Tempadas en 3ª: 15
- Tempadas en Categoría Rexional: 14
- Mellor posto na liga: 4º (2ª tempada 11-12)
Historial por tempadas[editar | editar a fonte]
Tempada | Categoría | Posto |
---|---|---|
de 71-72 | Rexional | — |
a 76-77 | Rexional | — |
1977/78 | 3ª | 19º ![]() |
1978/79 | Rexional | — ![]() |
1979/80 | 3ª | 3º |
1980/81 | 3ª | 5º |
1981/82 | 3ª | 9º |
1982/83 | 3ª | 12º |
1983/84 | 3ª | 9º |
1984/85 | 3ª | 4º |
1985/86 | 3ª | 10º |
1986/87 | 3ª | 17º |
1987/88 | 3ª | 19º ![]() |
1988/89 | Rexional | — |
Tempada | Categoría | Posto |
---|---|---|
1989/90 | Rexional | — ![]() |
1990/91 | 3ª | 19º ![]() |
1991/92 | Rexional | — |
1992/93 | Rexional | — ![]() |
1993/94 | 3ª | 16º |
1994/95 | 3ª | 21º ![]() |
1995/96 | Rexional | — |
1996/97 | Rexional | — ![]() |
1997/98 | 3ª | 20º ![]() |
1998/99 | Rexional | — ![]() |
1999/00 | 3ª | 5º ![]() |
2000/01 | 2ªB | 12º |
2001/02 | 2ªB | 16º |
2002/03 | 2ªB | 7º |
Tempada | Categoría | Posto | Copa do Rei |
---|---|---|---|
2003/04 | 2ªB | 10º | |
2004/05 | 2ªB | 11º | |
2005/06 | 2ªB | 7º | |
2006/07 | 2ªB | 11º | |
2007/08 | 2ªB | 14º | |
2008/09 | 2ªB | 3º | |
2009/10 | 2ªB | 1º ![]() |
1/8 |
2010/11 | 2ª | 9º | 1/16 |
2011/12 | 2ª | 4º | 1/8 |
2012/13 | 2ª | 5º | 3ª Rolda |
2013/14 | 2ª | 9º | 1/16 |
2014/15 | 2ª | - | - |
Xogadores[editar | editar a fonte]
Cadro 2012/13[editar | editar a fonte]
Actualizado a 18 de agosto de 2012
|
|
Persoas importantes que pasaron polo club[editar | editar a fonte]
|