Estadio Francisco de la Hera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca

Coordenadas: 38°41′03″N 6°24′52″O / 38.68417, -6.41444

Francisco de la Hera
Francisco de la Hera.jpg
Datos
Localización Almendralejo, Estremadura,
España
Construción
Inauguración 9 de setembro de 1996
Estadio
Superficie Céspede
Dimensións 105 x 69 m
Capacidade 12.580
Propietario Concello de Almendralejo
Localía Extremadura UD
Atlético San José

O estadio Francisco de la Hera é un estadio de fútbol español da cidade de Almendralejo, na provincia de Badaxoz, con capacidade para 12.580 espectadores. O vello estadio inaugurouse o 12 de outubro de 1951 e foi demolido en xuño de 1996. O actual recinto foi inaugurado o 9 de setembro de 1996. Serviu de localía ao extinto CF Extremadura até a súa desaparición en 2010 e actualmente ao Extremadura UD (desde 2007) e ao Atlético San José (desde 2008).

Historia[editar | editar a fonte]

O vello estadio foi inaugurado o 12 de outubro de 1951, xa con Francisco de la Hera como presidente da entidade. Xogouse o partido inaugural contra o Sevilla FC, que finalmente venceu (2–4).

O novo estadio foi inaugurado o 9 de setembro de 1996 e o primeiro partido que se disputou foi a segunda xornada de liga de Primeira División entre o CF Extremadura e o Real Betis, que rematou con vitoria visitante (0–3).