Club Deportivo Leganés

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "CD Leganés")
Leganés
Nome Club Deportivo Leganés
Alcume(s) Lega
Pepineros
Fundación 1928
Estadio Municipal de Butarque,
Leganés, España
Inauguración 1997
Capacidade 8.000
Presidente España María Victoria Pavón
Adestrador España Luis Ángel Duque
Liga 2ªB – Grupo 1
2011–12 12º
Páxina web Páxina web oficial
Na casa
Fóra
Xogadores celebrando un gol.

O Club Deportivo Leganés é un club de fútbol español da cidade de Leganés, na Comunidade de Madrid. Foi fundado en 1928 e actualmente xoga no grupo II da Segunda División B.

Uniforme[editar | editar a fonte]

  • Uniforme titular: Camiseta branquiazul, pantalón branco e medias brancas.
  • Uniforme alternativo: Camistea vermella, pantalón branco e medias vermellas.

O primeiro uniforme do Leganés foi azulgrana, e anos máis tarde optouse por unha camiseta tricolor (verde, branca e vermella), para pasar finalmente ás cores actuais, branco e azul, que foron os tradicionais do equipo.

Estadio[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Estadio Municipal de Butarque.

O Leganés xoga no Estadio Municipal de Butarque, inaugurado o 14 de febreiro de 1998, con capacidade para 8.000 persoas e dimensións de 105 x 70 metros. O primeiro partido que albergou o terreo de xogo foi fronte ao Xerez.

Antes de Butarque, o CD Leganés xogou noutros 3 feudos. O primeiro campo no que xogou en 1928 estaba situado no Campo del Tiro, nun terreo cedido polos militares. Anos máis tarde pasouse ao campo municipal de Plaza Roma, un campo que durante a Guerra Civil española foi restaurado polos propios veciños da cidade, ata que foi remodelado profesionalmente ao terminar a mesma. En 1966 inauguraríase o campo principal do equipo, o Luís Rodríguez de Miguel, con capacidade para 5.000 persoas e no corazón da cidade, no que xogaron ata a metade da tempada 1998.

Datos do club[editar | editar a fonte]

  • Tempadas en : 0
  • Tempadas en : 11
  • Tempadas en 2ªB: 12
  • Tempadas en : 17
  • Mellor posto na liga: 8º (2ª división tempadas 95-96 e 96-97)
  • Peor posto na liga: 19º (2ª división tempada 03-04)

Xogadores[editar | editar a fonte]

Cadro 2009/10[editar | editar a fonte]

Posto País Xogador
POR España Miguel Ángel
POR España Raúl Moreno
DEF España Durango
DEF España Garrido
DEF España Gustavo
DEF España Sergio Postigo
DEF España Javi
DEF España Sergio Durán
DEF España Mario
DEF España Negral
MED Guinea Ecuatorial Iván Zarandona
MED España Carlos Martínez
MED España Garcia Granero
Posto País Xogador
MED España Morato
MED España Casquero
MED España Jiménez
MED España Garci
MED España Valleros
MED España Chupe
DIA España Anibal Zurdo
DIA España Juli
DIA España Jano
DIA España Abraham
DIA España Nacho Aznar
DIA España Quini

Palmarés[editar | editar a fonte]

Torneos nacionais[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]