Luis Mario Milla Alvendiz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLuis Mario Milla Alvendiz
Biografía
Nacemento1982 Editar o valor em Wikidata (41/42 anos)
La Rinconada, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndeportista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Luis Mario Milla Alvéndiz, nado en La Rinconada o 31 de decembro de 1982, é un árbitro de fútbol español, que milita na Segunda División. Pertence ao Comité Andaluz de Árbitros.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou no mundo da arbitraxe en 1998, pola influencia do seu cuñado, o tamén árbitro Abraham Ballano.[1] Foi subindo polas diferentes categorías do fútbol andaluz e na tempada 2012/13 debutou na Segunda División B. Despois de cinco anos na categoría de bronce, en 2017 conseguiu o ascenso a Segunda.[2] Dende entón acumula máis de 130 partidos na segunda categoría do fútbol español, entre eles dous da promoción de ascenso.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Federero, Antonio (6 de agosto de 2017). "Milla Alvendiz: "¿Segunda? Suena a sueño cumplido"" (en castelán). Consultado o 19 de decembro de 2023. 
  2. "Milla Alvéndiz, reconocido por su ascenso a Segunda división" (en castelán). 13 de xullo de 2017. Consultado o 19 de decembro de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]