Estadio Nuevo Mirandilla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Estadio Ramón de Carranza»)

Coordenadas: 36°30′10″N 6°16′23″O / 36.502778, -6.273056

Estadio Nuevo Mirandilla
Datos
LocalizaciónEspaña Cádiz, España
Nomes antigosEstadio Ramón de Carranza
Construción
Inauguración3 de setembro de 1955
ArquitectoManuel Muñoz Monasterio
Manuel Fernández Pujol
Custo11 mill. de pesetas (~66111.27 )[1]
Estadio
SuperficieCéspede
Dimensións105 x 66[2] m
Capacidade20.724
PropietarioConcello de Cádiz
LocalíaCádiz CF
Eventos

O Estadio Nuevo Mirandilla, anteriormente coñecido como Ramón de Carranza, é o estadio de fútbol do Cádiz Club de Fútbol.

Foi construído entre maio de 1954 e agosto de 1955 e finalmente estreado o día 3 de setembro de 1955, co partido disputado entre o mesmo Cádiz e o FC Barcelona, acabando co resultado de 0-4 favorable ao equipo catalán. A primeira fase da súa remodelación concluíu a principios de 2005, a segunda fase do fondo norte concluíu en 2008 e a terceira fase da tribuna finalizouse en 2012. A tribuna foi inaugurada o 18 de xullo de 2012 cun partido preparatorio para os Xogos Olímpicos de Londres 2012 entre os equipos sub-21 de España e México. En novembro de 2019, albergou o partido entre España e Malta na fase de clasificación para a Euro 2020. O partido rematou cunha ampla vitoria de España por 7 goles a 0.[3]

Historia[editar | editar a fonte]

Remodelación do estadio

Foi construído entre maio de 1954 e agosto de 1955, traballaron na súa construción entre 150 e 250 obreiros. O equipo técnico formárono os arquitectos Muñoz Monasterio e Fernández Pujol, o aparellador Fernando Accame e o enxeñeiro polo contrato de obras Gonzalo. O campo tiña unhas medidas de 106 por 68 metros, e unha pista de atletismo ao redor de 400 metros. A torre olímpica, máis coñecida como a torre de preferencia, tiña unha altura de 30 metros e o aforamento era de 15.000 espectadores. O estadio non contou con iluminación propia ata 1957. A estrutura, completamente ovalada, mantívose ata 1984, data en que se fixo a primeira remodelación. A devandita remodelación sobreviviron o fondo sur, e a preferencia, que esperan a súa quenda na segunda reforma.

Como consecuencia da aplicación da Lei de memoria histórica, cambiou o seu nome de "Ramón de Carranza" a "Nuevo Mirandilla"[4], xa que levaba o nome dun alcalde franquista, nomeado por Primo de Rivera e que apoiou o alzamento sublevado.

Inauguración[editar | editar a fonte]

O 3 de setembro de 1955 foi o día en que se inaugurou o estadio municipal, ao que se lle puxo o nome do militar galego Ramón de Carranza. Foi máis tarde, o 6 de agosto cando se ascendeu a bandeira nacional no estadio, coa presenza de José León de Carranza Gómez-Pablos. Ás 17.30, o bispo de Cádiz, Tomás Gutiérrez Díez, procedeu á bendición do novo estadio. Ao acto asistiron as autoridades locais e provinciais e outros personaxes públicos. Logo da bendición houbo un desfile de atletas, e ás 18.15 comezou o partido inaugugral entre o Cádiz CF e o FC Barcelona que acabou con vitoria visitante por 0-4.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La inauguración del Carranza
  2. "Ayuntamiento de Cádiz - El Nuevo Estadio Carranza". Arquivado dende o orixinal o 09 de xullo de 2021. Consultado o 05 de xullo de 2021. 
  3. "Spain-Malta | European Qualifiers". UEFA.com (en inglés). Consultado o 3 de xaneiro de 2020. 
  4. Melchor, Mateo (24 de xuño de 2021). "El estadio Ramón de Carranza pasa a llamarse Nuevo Mirandilla". Diario de Cádiz (en castelán). Consultado o 5 de xullo de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]