Pedro López Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Pedro López
Información persoal
Nome completo Pedro López Rodríguez
Nacemento 21 de xaneiro de 1997 (22 anos)
  Lugo
Nacionalidade España
Posición Defensa central
Información de club
Club actual Unionistas
Carreira xuvenil
Lugo
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2016–2019 Lugo B 88 (3)
2017– Lugo 1 (0)
2019–Unionistas (c.) 3 (0)

* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)
‡ Actualizado a 10 de setembro de 2019

editar datos en Wikidata ]

Pedro López Rodríguez, nado en Lugo o 21 de xaneiro de 1997, é un futbolista profesional galego, da canteira do Club Deportivo Lugo, que actualmente xoga de defensa central no Unionistas de Salamanca cedido polo club lucense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado en Lugo, Pedro López comazou xogando ao fútbol sala nas categorías inferiores do Prone Lugo e ao fútbol no Club Deportivo Lugo até a categoría alevín.[1] Por mor de incompatibilidades, finalmente tense que decantar por seguir nun dos dous equipos, escollendo ao de fútbol baixo o consello do adestrador Antonio Gómez. Pouco a pouco, e sendo un dos líderes do vestiario na canteira lucense, consegue debutar no ano 2016 co Club Deportivo Lugo B de Preferente Autonómica. O seu primeiro partido co filial albivermello sería ante o Xallas, onde o seu equipo consegue vencer por 2−0 no Campo do Ceao.[2] Tras xogar 33 encontros co filial, na temporada 2017−18 fai a pretemporada co primeiro equipo, debutando en Segunda División o 21 de agosto de 2017 na primeira xornada de liga contra o Reus Deportiu no Anxo Carro, partido que finalizou con empate sen goles.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]