Gerard Valentín
| Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Nacemento | 28 de xullo de 1993 Avinyonet de Puigventós | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Altura | 177 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Período de actividade | 2013 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Nacionalidade deportiva | España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Posición de xogo | Defensa | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Pai | Albert Valentín i Escolano | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Irmáns | Pol Valentín Sancho | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Gerard Valentín Sancho, nado en Avinyonet de Puigventós (Xirona) o 28 de xullo de 1993, é un futbolista español. Xoga de lateral dereito e o seu equipo actual é o Huesca.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]É fillo de Albert Valentín Escolano, futbolista que xogou en Segunda División co Barcelona Atlético e coa UE Figueres, e irmán do tamén futbolista Pol Valentín.[1]
Formouse nas categorías inferiores da UE Figueres e pasou a súa etapa de xuvenil no Girona FC e o seu primeiro ano de afeccionado no Sevilla. En 2013 debutou en Segunda B como futbolista da UE Olot.
En 2014 o Nàstic e a UE Olot chegaron a un acordo polo traspaso dos seus dereitos federativos, firmando un contrato de dos anos coa entidade tarraconense. En 2016 renovou o seu contrato ata xuño de 2019.[2] Xogou un total de 75 partidos co Nástic.
O 12 de xullo de 2017 anunciouse a súa fichaxe polo Deportivo da Coruña por catro temporadas.[3] No club coruñés non dispuxo apenas de minutos e o 15 de xaneiro de 2019 anunciouse a súa cesión ata o remate da tempada ó CD Lugo.[4] O 12 de agosto de 2019, anunciouse unha nova cesión do xogador ó Lugo, desta vez para a tempada 2019-20.[5] O 14 de setembro o Lugo anunciou a fichaxe do xogador en propiedade cun contrato por dous anos.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "El momento de Gerard Valentín". La Opinión A Coruña (en castelán). 18 de novembro de 2017. Consultado o 19 de setembro de 2020.
- ↑ "El Nàstic renueva a Valentín y cede a Moussa al Olot" (en castelán). 18 de xaneiro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 04 de decembro de 2024. Consultado o 19 de setembro de 2020.
- ↑ "Gerard Valentin, novo xogador do Real Club Deportivo". Deportivo da Coruña. 12 de xullo de 2017.
- ↑ Gerard Valentín xogará cedido no CD Lugo
- ↑ Gerard Valentín xogará cedido no CD Lugo
- ↑ "Gerard Valentín, nuevo jugador del CD Lugo". Arquivado dende o orixinal o 14 de setembro de 2020. Consultado o 14 de setembro de 2020.