Asma (doenza)
| Asma | |||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Instancia de
| |||||||||||||||||||
|
Subclase de
| |||||||||||||||||||
|
Especialidade médica
| |||||||||||||||||||
|
Síntomas
| |||||||||||||||||||
|
Factor de risco
| |||||||||||||||||||
|
Fármacos para tratamento
Formoterol (pt)
Ácido teofilina-7-acético (pt) zafirlucaste (pt) dyphylline (en) clenbuterol (pt) metaproterenol (en) betametasona (pt) cromoglicato (pt) montelucaste sódico (pt) Formoterol (pt) budesonida zileuton (en) bambuterol (en) diphemanil (en) metaproterenol (en) etofylline (en) pseudoefedrina (pt) teofilina salbutamol (pt) halotano (pt) terbutalina (pt) oxtriphylline (en) troleandomycin (en) zafirlucaste (pt) Ephedra (medicina) (pt) aminofilina (pt) Efedrina pirbuterol (en) bitolterol (en) zileuton (en) montelucaste sódico (pt) salmeterol (pt) antiasthmatic (en) | |||||||||||||||||||
| Identificadores | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| Fontes e ligazóns | |||||||||||||||||||
| Wikidata G:Commons C:Commons | |||||||||||||||||||
A asma é unha enfermidade inflamatoria do aparato respiratorio que provoca dificultade na respiración (dispnea).
Este termo procede do grego 'âsthma [arquexar] + -ma (grego)
Non existe unha definición precisa da enfermidade asmática. A Estratexia Global para a Asma defínea así: "Inflamación crónica das vías aéreas en que desempeñan un papel destacado certas células . Este proceso asóciase a unha hiperresposta dos bronquios que produce episodios de sibilancias (pitos), dispnea (sensación de falta de respiración), opresión torácica e tose, particularmente durante a noite ou madrugada. Estes episodios relaciónanse xeralmente cun maior ou menor grao de obstrución do fluxo aéreo a miúdo reversible de forma espontánea ou con tratamento".
Epidemioloxía
[editar | editar a fonte]A asma é unha enfermidade frecuente cuxa prevalencia varía moito dun país a outro. Afecta ó redor do 3 ó 7 % da poboación adulta, sendo máis frecuente en idades infantís.
Mecanismo de produción de Asma
[editar | editar a fonte]Inda que se coñece que a asma é unha condición causada por unha inflamación crónica da vía aérea, os compoñentes precisos desta inflamación están inda por dilucidar e as causas son incertas. Moitas células inflamatorias poden estar implicadas e interactuar con outras dalgunha maneira complexa.
Existe xa unha evidencia persuasiva de que os mastocitos xogan un importante papel na resposta inmediata ó alérxeno, na asma inducida polo esforzo e no relacionado con alimentos, pero as células responsables da inflamación crónica que provocan a hiperactividade bronquial son os macrófagos, os eosinófilos e linfocitos T; todos eles aparecen activados na asma. Os linfocitos T están programados para producir certas citoquinas (células Th2) que conducen á característica inflamación eosinofílica. Esta programación comprende a células presentadoras de antíxeno, tales como as células dendrítica no epitelio de vía aérea.
O proceso de inflamación crónica pode que conduza a cambios estruturais, como a fibrose, o engrosamento ou hipertrofia do músculo liso bronquial e a anxioxénese o que pode dar lugar a unha obstrución irreversible da vía aérea.
Anatomía patolóxica
[editar | editar a fonte]As lesións típicas da asma son:
- fraxilidade do epitelio bronquial.
- infiltrado inflamatorio do epitelio e a submucosa.
- engrosamento da membrana basal.
Fisiopatoloxía
[editar | editar a fonte]Na fisiopatoloxía da asma , existen tres fenómenos fundamentais:
- Inflamación: no proceso inflamatorio interveñen : células e mediadores.
- Alerxia.
- Hiperactividade bronquial.
Formas clínicas de Asma
[editar | editar a fonte]Clinicamente a asma clasifícase en catro tipos fundamentais:
- asma intermitente.
- asma persistente.
- asma atípica .
- asma refractaria.
Factores causantes da Asma
[editar | editar a fonte]- Alerxia.
- Asma profesional.
- Exercicio.
- Fármacos.
- Estrés, emocións.
- Infeccións.
- Refluxo gastroesofáxico.
- Embarazo.
Asma ocupacional
[editar | editar a fonte]Definido por aquel tipo de asma que é causado especificamente por exposición a un axente presente no lugar do traballo
Tratamento
[editar | editar a fonte]O tratamento do asma consiste na administración de medicamentos que melloren os seus síntomas. Hoxe en día non existe cura para esta enfermidade. O tratamento é escalonado, sendo máis suave en enfermos leves e máis agresivo en enfermos graves. Non hai tampouco pautas totalmente definidas, senón que se decide de xeito individual o tratamento axeitado.
- β-adrenérxicos: son un conxunto de substancias que permiten distender os bronquios e outras estruturas do aparello respiratorio. Empréganse en forma de inhaladores. Existen unha serie de β-adrenérxicos de acción curta e β-adrenérxicos de acción longa. Os primeiros empréganse en case todos os casos de asma, de xeito que é o enfermo o que os inhala cando o considera necesario. Teñen un papel máis importante na enfermidade pulmonar obstrutiva crónica. É o caso do salbutamol. Os de acción longa, empréganse de xeito pautado. Fundamentalmente son o salmeterol e o formeterol.
- Corticoides: nos casos leves e moderados só se empregan corticoides, coma a budesonida inhalados, que teñen moitos menos efectos secundarios. Reducen eficazmente a inflamación bronquial. Nos casos graves, ademais, empréganse corticoides por vía oral, en pastillas. Melloran a sintomatoloxía pero poden producir hipertensión arterial, diabetes mellitus, atraso no crecemento e outros.
- Antileucotrienos: reducen a inflamación ao actuar sobre os leucotrienos, liberados en altas doses nesta enfermidade. Non son tratamento de primeira liña.
- Inmunoterapia: consiste en modular o funcionamento do sistema inmune, xa sexa mediante anticorpos antiinmunoglobulina E ou outros.
