Aberdeen, Escocia
| Aberdeen (en) Aiberdeen (sco) Obar Dheathain (gd) | |||||
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Reino Unido | ||||
| País | Escocia | ||||
| Concello | Aberdeen City (en) | ||||
| Capital de | |||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 200.680 (2016) | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 65,1 km² | ||||
| Bañado por | River Don (en) | ||||
| Creación | 1175 | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | AB10-AB13 (parte), AB15, AB16, AB22-AB25 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Prefixo telefónico | 1224 | ||||
| ISO 3166-2 | GB-ABE | ||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | Stavanger Bakú Clermont-Ferrand Bulavaio (pt) Atyrau (pt) Ratisbona (1955–) Homieĺ (1990–2022) Houston (1996–) Barranquilla (2021–) | ||||
| Sitio web | aberdeencity.gov.uk | ||||
Aberdeen (Obar Dheathain en gaélico escocés, Aiberdeen en escocés) é unha cidade de Escocia, un dos principais portos do Reino Unido e a terceira cidade escocesa por poboación: 212.125 habitantes (2001). Polas súas canteiras de granito coñécese como a cidade do granito.
Historia
[editar | editar a fonte]A primeira referencia que temos é o itinerario da incursión feita por Severo no norte de Escocia no século III, no que Aberdeen recibe o nome de Devana, isto é cidade ás beiras do Deva (ou Dee). Aínda que o lugar non adquirirá importancia ata 1179 cando Guillerme o León concédelle un foro, confirmado posteriormente por David I.
En 1336 Eduardo III de Inglaterra queima a cidade, axiña reconstruída e ampliada, co nome de Nova Aberdeen. Os arquivos municipais son os máis antigos de Escocia, datan de 1398.
Lingua
[editar | editar a fonte]A lingua tradicional da cidade é a lingua escocesa (unha lingua xermánica), aínda que hoxe a lingua máis falada é o inglés. O gaélico escocés é falado por un 0,66% da poboación, á que lle hai que engadir un 0,54% que o entende (2001).
Relixión
[editar | editar a fonte]O 42,4% dos habitantes da cidade non profesa ningunha relixión, o 37,4 % pertence á Igrexa de Escocia, o 5,6% á Igrexa católica, o 7,5% a outras igrexas cristiás e o 0,8% ao islam.
Economía
[editar | editar a fonte]
As industrias relacionadas co petróleo e o gas son as maiores fontes de riqueza da cidade.
As tradicionais industrias pesqueiras e agrícolas completan a súa economía.
Universidades
[editar | editar a fonte]45.000 estudantes realizan os seus estudos nas tres universidades da cidade: Universidade de Aberdeen, Universidade Robert Gordon e o Aberdeen College.
Cidades irmás
[editar | editar a fonte]Aberdeen está irmandada con:
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Aberdeen, Escocia |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Información turística
- Universidade de Aberdeen
- Páxina oficial do Aberdeen Football Club Arquivado 07 de novembro de 2005 en Wayback Machine.
