Curmán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un curmán[1] é o fillo dos tíos e das tías, é dicir, os descendentes dos irmáns dos pais. Aínda así, este termo de parentesco pode ser usado, por extensión, nun sentido máis laxo: fálase de curmáns cando se comparten ascedentes comúns en graos sucesivos. Así, curmáns segundos son os fillos dos curmáns dos pais, os curmáns terceiros, os netos dos curmáns dos avós e así sen limitacións. Para diferenciar estes graos ás veces úsanse os termos 'curmán entregue', 'primo' ou 'primo carnal' para curmáns de primeiro grao (fillos de irmáns dos pais).

Os curmáns son o grao máis achegado de parentes que poden contraer matrimonio segundo o costume occidental, sen caer no incesto. En realidade, os matrimonios entre curmáns son comúns na nobreza (para manter a liñaxe).

Porén, o concepto de curmán non é universal. O sistema de parentesco indica que na terminoloxía debe ser usado:[2]

  • O parentesco esquimó cre que a familia nuclear é a cousa máis importante e por esta razón designa co mesmo nome todos os nenos de tíos e tías, sexan de liña paterna ou materna.
  • O sistema de parentesco hawaiano só distingue entre membros de diferentes xeracións e por sexo, e así irmán e curmán reciben un mesmo termo e irmá e curmá outro, sen existir o termo curmán como tal.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para curmán.
  2. "Resumo dos sistemas de parentesco". Arquivado dende o orixinal o 16 de setembro de 2017. Consultado o 04 de maio de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]