Saltar ao contido

Praza de Vigo (A Coruña)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Praza de Vigo (A Coruña)
A Coruña Editar o valor en Wikidata

Tipopraza Editar o valor en Wikidata
EpónimoVigo Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 43°21′46″N 8°24′25″O / 43.3627407, -8.40691263
Situado enA Coruña Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

A praza de Vigo é un espazo público do Ensanche da cidade da Coruña, situado entre as rúas de Menéndez y Pelayo, Marcial del Adalid, Federico Tapia e Emilia Pardo Bazán.[1]

Como outras prazas do Ensanche coruñés recibiu o nome dunha cidade galega. Foi bautizada o 5 de novembro de 1929.[2]

A praza mantivo xardíns ata a década de 1970, cando se construíu un aparcadoiro.[3]

Arquitectura

[editar | editar a fonte]

Os edificios catalogados na praza de Vigo son:[4]

  • Números 35 ao 41 da rúa de Federico Tapia (1930-1968)
  • Números 18 ao 26 da rúa de Emilia Pardo Bazán (1942-1955)
  • Número 3 da rúa de Macial del Adalid (1945)
  • Número 5 (1925-1968), 12 (1942-70) e 8 (Eduardo Rodríguez-Losada, 1934)

Na esquina da rúa de Federico Tapia coa rúa de Marcial del Adalid sitúase a casa Barrié.

Entre 1949 e 2006 estivo na praza o cine Equitativa. No seu local situouse o rexistro civil.[5]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]