Rúa Rego de Auga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°22′14″N 8°23′52″O / 43.370569, -8.397824

Rúa Rego de Auga
Teatro Rosalía de Castro A Coruña.jpg
Teatro Rosalía de Castro
Tipoloxíarúa
Dimensións
Lonxitude0,22 km
Formatopeonil
Localización
InicioPraza de María Pita
FinRúa Real

A rúa Rego de Auga[1] é unha rúa da Coruña situada no barrio da Pescaría da cidade. Dende 1998 é unha rúa peonil.[2]

Historia[editar | editar a fonte]

Vista nocturna

O nome da rúa indica que nela se recollían as augas da zona. A partir do século XVIII aparece castelanizada como “Riego de Agua”.[3]

Foi coñecida tamén como Luchana (nome que pasou a unha rúa perpendicular) e, entre 1926 e 1931, como Alcalde Manuel Casás. Ademais, na zona ocupada polo teatro Rosalía localizábanse a praza de San Xurxo (diante da parroquia homónima) e a praza da Verdura, empregada como praza de abastos.

No número 38 da rúa fundáronse en 1916 as Irmandades da Fala.[4][5]

Na rúa Rego de Auga estivo situada ata 1882 a fonte da Fama, logo trasladada á praza de Santo André. Deixou o seu nome á rúa da Fama.[6]

Veciños e negocios[editar | editar a fonte]

En 1888 instalouse no número 6 a primeira central telefónica da cidade.

A existencia de negocios tradicionais fai que estean protexidos dous rótulos da rúa, o do Hotel Alborán e o da confeitería La Gran Antilla.[7] En 1926 fundouse La Fe Coruñesa, unha das tendas máis antigas da cidade.[8]

Arquitectura[editar | editar a fonte]

Na rúa Rego de Auga existen varios edificios destacados:[9]

  • Os edificios que teñen a súa fachada principal nos números 3 ao 31 da rúa Rego de Auga e mais o número 1 da rúa Luchana constitúen o conxunto arquitectónico con galerías na fachada que dá á avenida da Mariña.
  • N.º 2, de estilo ecléctico
  • N.os 4, 6, 10, 14, 18-28, 34-50, 54, de arquitectura tradicional
  • N.º 12, de Juan de Ciórraga (1897)
  • N.º 16, edificio ecléctico da segunda metade do século XIX.
  • N.º 58, edificio de Antonio Tenreiro e Peregrín Estellés

Outro edificio salientable na rúa é o teatro Rosalía de Castro, sede tamén da biblioteca da deputación provincial da Coruña.

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]