Canteiro, canteira
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Un canteiro é aquela persoa que extrae a pedra, e labra e constrúe con ela. En tempos tamén traballaban como arquitectos e escultores.
Na sociedade tradicional galega eran os encargados destes labores e para iso tíñanse que desprazar dos seus lugares por longo tempo. Acostumaban viaxar en cuadrillas. Tiñan moitos problemas pola pechazón da sociedade e eran recibidos nos lugares onde traballaban con desconfianza, entre outras razóns pola súa sona de mullereiros. Para defenderse desa sociedade hostil e protexer os segredos do seu oficio empregaban unha xiria de carácter gremial: O verbo dos arxinas.
- Canteiriño, arriba, arriba,/ cara a Santa Liberata,/ leva-los picos de aceiro/ halos de baixar de prata.
- En palabras de canteiros,/ Rapazas, non vos fiedes;/ Collen os picos e marchan,/ E despois ¿qué lles faredes?
- Pica, canteiriño, pica,/ pica na pedra miúda,/ pica na muller allea/ que outro picará na túa.
Na literatura popular queda reflectida a sona dos canteiros da comarca de Pontevedra:
- Pra nabos n’hai coma Lugo,/ pra canteiros, Pontevedra,/ pra rapaciñas bonitas/ hai que vir á nosa terra [1]
- Se queres casa ben feita/ e a porca ben capada,/ canteiros de Pontevedra./ capadores de Moraña [2]
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
Escultura de Suso Balado no Porriño.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ RAMÓN FERNÁNDEZ-OXEA, Xosé: "Cancionero y refranero de Corme", en Revista de Dialectología y Tradiciones Populares. Tomo VII, cuaderno 3º, 1951, 457-507, px. 502.
- ↑ ÁLVAREZ BLÁZQUEZ, Xosé María: O libro do porco. Colección O Moucho 26. Edicións Castrelos, Vigo 1972, px. 49.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- BOUZA BREY, Fermín: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204.
- REAL ACADEMIA GALLEGA: Diccionario gallego-castellano. A Coruña 1913-1928.