Ten unha superficie de 139 270km2 e unha poboación duns 553 500 habitantes (estimación de 2005).[1] A densidade de poboación é de 3,3 hab./km2, a máis baixa de Turkmenistán.
E provincia posúe importantes reservas de enerxía, producindo o 94% do gas natural e o 12% do petróleo de Turkmenistán, e xerando o 18% da enerxía eléctrica do paía. Debido á escaseza de auga, a súa agricultura é desprezábel, e só o 4,5% da terra arábel de Turkmenistán está nesta provincia.
Cerca das súas costas do Caspio a provincia está a illa de Ogurja Ada, a máis importante de Turkmenistán e unha das máis grandes do mar Caspio.