Saltar ao contido

Daguestán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Daguestán
 Nome curto
   25 de decembro de 1993 Editar o valor en Wikidata
 Nome orixinal
Дагъистан Республика (av)  
Республика Дагестан (ru)   Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
Республика Дагестан (ru) dende 1993 
Дагестанская ССР (ru) dende 1991 ata 1993 Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Imaxe da bandeira
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
 Himno
Himno de Daguestán (2016 - )
Dagestan, you holy fatherland (en) Traducir (2003 - 2016) Editar o valor en Wikidata
Características
Implicados
 Xefe do goberno
Cargo: presidente da República de Daguestán Editar o valor en Wikidata
Sergey Melikov (2021 - )
Ramazan Abdulatipov (pt) Traducir (2013 - 2018)
Vladimir Vasilyev (pt) Traducir (2017 - 2020)
Magomedali Magomedov (en) Traducir (1991 - 2006) Editar o valor en Wikidata
 Órgano lexislativo
Datas
 Fundación / creación
1991 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Substitúe
 Premios e distincións
Localización
 Situado en
 Continente
 Capital
Mahackala (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
3.232.224 (2024)
3.015.639 (2016)
3.063.885 (2018)
3.111.353 (2020)
3.133.303 (2021) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   50.300 km² Editar o valor en Wikidata
 Punto máis alto
Códigos e identificadores
OpenStreetMap109876 Editar o valor en Wikidata
VIAF248084522 Editar o valor en Wikidata
TasteAtlasdagestan Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0387gc Editar o valor en Wikidata
MeSHD003610 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Facebook: pravitelstvo05 Twitter: Pravitelstvo_RD Instagram: pravitelstvo_rd VK: pravitelstvo_rd Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

A República do Daguestán[1][2] (en ruso: Республика Дагестан) é unha república da Federación Rusa. É a máis grande república de Rusia no norte do Cáucaso, en superficie e poboación.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

A república está situada na cordilleira do Cáucaso Norte. É a parte máis ao sur de Rusia.

Limita ao norte con Kalmukia, ao sur con Azerbaidján, ao leste co mar Caspio, ao oeste con Chechenia e ao noroeste co Krai de Estavropol. O seu punto máis alto é o monte Bazardyuzi (4.466 m). A distancia máxima de norte a sur son 400 km, e de leste a oeste 200 km.

Hai máis de 1.800 ríos, destacando o Sulak, o Samur e mailo Terek Rubas. As costas do Daguestán esténdense sobre máis de 400 km ao longo do mar Caspio.

A maior parte do territorio da república é montañoso, coas grandes montañas caucásicas cubrindo o sur. O maior cumio é o pico de Bazardyuzi, de 4.466 m.

Recursos naturais

[editar | editar a fonte]

O solo do Daguestán é rico en petróleo, gas natural, carbón e outros.

O clima é caloroso e seco no verán, mais os invernos son fríos nas rexións montañosas. A temperatura media en xaneiro é de 2 °C, e en xullo de 30 °C. As precipitacións anuais medias son de 200 mm/m² nas chairas do norte e de 800 nas zonas montañas.

Demografía

[editar | editar a fonte]

O terreo montañoso dificulta as viaxes e comunicacións, o Daguestán ten unha diversidade étnica pouco común. Contrariamente ás outras partes da Rusia, a poboación do Daguestán medra, principalmente pola inmigración.

No ano 2002 tiña 2 576 531 habitantes. 1 102 577 (42,8 %) vivían en zonas urbanas, e 1 473 954 (57,2 %) en zonas rurais. 1 242 437 (48,2 %) eran homes e 1 334 094 (51,8 %) mulleres. A idade media era de 25,2 anos (25,1 nas zonas urbanas e 25,2 no rural; 24 anos os homes e 26,3 as mulleres). Había 570.036 fogares.

Grupos étnicos

[editar | editar a fonte]

No Daguestán conviven máis dunha ducia de grupos étnicos:

  • Pobos Daguestanís: 80 %; comprenden:
    • Pobos do grupo lingüístico Daguestání:
    • Kumyks — máis de 200.000
    • laks — aproximadamente 140.000
    • Nogays — aproximadamente 35.000
  • Azerís: 4.% aproximadamente 85.000
  • rusos: 4 %, aproximadamente 85.000
  • Chechenos: 3 %, aproximadamente 85.000
  • Outros: 8 %:

Atópanse tamén pequenos grupos coma os Balkares (que viven principalmente en Kabardino-Balkaria), ou os Xinukhs, uns 200, membros dunha familia complexa de Caucasianos autóctonos — uns 40 grupos, comprendendo pobos pouco coñecidos coma os Akhwakhs, moitos deles concéntranse no Daguestán. A destacar tamén os laks que inmigraron despois dunha deportación na época soviética, e os Hunzibs ou pobo Khunzal que viven soamente en catro asentamentos do interior.

A lingua franca no Daguestán é o ruso, mais fálanse máis de trinta linguas.

O Daguestán converteuse nunha república da Federación de Rusia no 1991.

En 1999 un grupo de fundamentalistas musulmáns vindo de Chechenia, baixo o comando de Khamil Basaiev, así como apoios locais, lanzan unha insurrección no Daguestán. Iso provoca a decisión rusa de invadir Chechenia ese ano.

O célebre xefe musulmán Imam Khamil era un natural do Daguestán de etnia ávara.

Política

[editar | editar a fonte]

O xefe do goberno no Daguestán é o presidente. En 2004 o presidente era Magomadali Magomadovich Magomadov.

Economía

[editar | editar a fonte]

En 2000, o economía do Daguestán estaba baseada na agricultura (35 %), industria (24 %) e construción (26 %). O transporte e as comunicacións supuñan o 5 %. O comerzo e servizos o 9 %.

As industrias importantes inclúen a transformación dos produtos alimentarios, a produción de electricidade, a extracción do petróleo, a fabricación de maquinas e a química. As exportacións principais do Daguestán son o petróleo e mailos carburantes. Os produtos agrícolas importantes inclúen o peixe do mar Caspio, o viño e os licores, e varias frutas.

O Daguestán é a república menos urbanizada do Cáucaso.

Relixión

[editar | editar a fonte]

A maior parte da poboación do Daguestán é musulmá. Como na maior parte do Cáucaso, o islam nativo do Daguestán é da rama sufista desde hai séculos. Nestes últimos anos téñense notado tensións entre as escolas sufistas locais e os misioneiros wahabitas chegados á rexión.

  1. Benigno Fernández Salgado, ed. (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1304. ISBN 9788482887524. Daguestán
  2. Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. p. 110. ISBN 84-8158-266-2.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]