Este artigo amosa letras cirílicas. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.
Este artigo amosa letras árabes. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.
O turcomán[1][2] (adaptación de türkmençe, türkmen dili, en cirílico түркмен дили e en árabe تورکمن ﺗﻴﻠی ,تورکمنچه), é unha lingua turca falada por 5 millóns de persoas en Turkmenistán, onde é a lingua oficial do estado, así como por 1400000 persoas no nordeste de Irán,[3] 700.000 falantes no noroeste de Afganistán, e pequenas comunidades turcomás en Iraq, Siria, Turquía e Rusia.
↑O grupo coñecido como "turcomán iraquí" son falantes de azerí e non tódalas tribos chamadas "turcomás" do nordeste de Irán falan o turcomán, xa que moitos son falantes de Turco khorasani.