Este artigo amosa letras cirílicas. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.
A óblast de Astrakán[1] ou Astracán[2][3][4] (en ruso:Астраханская область, tr."Astrakhanskaia oblast") é unha óblast de Rusia que ten unha superficie de 44.100km² e unha poboación de 1.005.276 habitantes (censo de 2002). A súa capital é a cidade de Astrakán.
En 1717 o Imperio ruso creou a gubérnii (gobernatura) de Astrakán, que chegaba até os límites do suroeste do Imperio, coñecidos como o Krai (territorio) de Astrakán.
A partir de 1919, finalizada a Revolución, cambiáronse os límites da óblast en numerosas ocasións, adquirindo en 1957 a súa forma e configuración actuais.