Saltar ao contido

Desertización

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O deserto do Sáhara foi, fai uns miles de anos, unha sabana.

A desertización[1][2][3] é o proceso evolutivo natural dunha rexión cara a unhas condicións morfolóxicas, climáticas e ambientais coñecidas como deserto. A desertización é un fenómeno que se produce sen a intervención humana, a diferenza da desertificación.[2][3]

Os factores que causan a desertización son de diversa índole: factores astronómicos (como os ciclos de Milankovic), xeomorfolóxicos (oroxénese, distribución das masas continentais) e dinámicos (relacionados coa actividade xeolóxica e biolóxica da Terra).[4]

O gran responsable, aínda que non o único, da estendida erosión nos solos españois é o clima. A España seca, árida ou semiárida, recibe poucas precipitacións ao ano, pero cando cae a chuvia faino, frecuentemente, de forma torrencial, habitualmente no outono, cunha forza capaz de erosionar facilmente os terreos. A falta de auga provoca, tamén, que a vexetación sexa escasa e que achegue pouca materia orgánica ao solo e que lle proporcione unha débil protección.

Casos singulares

[editar | editar a fonte]
Arte rupestre en que se representa abundante fauna, en Tassili n'Ajjer.

Un dos exemplos máis recentes de desertización é o deserto do Sáhara.[5] Como se pode observar nas pinturas rupestres, como Tassili n'Ajjer ou Wadi Tashwenat, nas que se retratan a grupos cazadores perseguindo abundante fauna, fai uns miles de anos este deserto era un lugar de sabanas e pradarías, coa súa fauna e flora características (hipopótamos, elefantes, xirafas etc.).[5]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]
  1. "Dicionario". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-27. 
  2. 2,0 2,1 Universidade de Santiago de Compostela, ed. (2022-06-29). "210. Desertización ou desertificación: o deserto faise ou facémolo?". www.usc.gal. Consultado o 2024-12-27. 
  3. 3,0 3,1 USC, Xusto Rodríguez Servizo de Normalización Lingüística da (2022-06-29). "Desertización ou desertificación: o deserto faise ou facémolo?". GCiencia. Consultado o 2024-12-27. 
  4. "Las diferencias entre la desertificación y la desertización". Fundación Aquae (en castelán). Consultado o 2024-12-27. 
  5. 5,0 5,1 "Cómo era el Sahara antes de convertirse en uno de los mayores desiertos del planeta". BBC News Mundo (en castelán). 2017-03-23. Consultado o 2024-12-27.