Río Sir Daria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Río Sir Daria
Сырдария - Сирдарё - Sirdaryo - سيحون
Syr Darya.jpg
PaísFlag of Kazakhstan.svg Casaquistán
Flag of Tajikistan.svg Taxiquistán
Flag of Uzbekistan.svg Uzbekistán
NacementoConfluencia dos ríos Naryn e Kara Daria
LonxitudeCo río Naryn, 3078 km
Só, 2212 km
Conca402760 km²
Caudal medio1180 /s[1]
DesembocaduraMar de Aral
Altitude desembocadura42 m
Aral map.png
Localización do río Sir Daria

O río Sir Daria (en casaco: Сырдария; en taxiko, Сирдарё; en uzbeko, Sirdaryo; en árabe, سيحون - Siːħuːn) é un río de Asia Central que flúe en direccións O e NO a través de Uzbekistán, Taxiquistán e Kazakhstán até desaguar no mar de Aral Norte. É o Orexartes ou Yaxartes das fontes clásicas grecorromanas.

Nace no extremo leste de Uzbekistán, pola confluencia dos ríos Naryn e Kara Daria. Ten unha lonxitude de 2212 km, mais co río Naryn, alcanza os 3078 km que o sitúan entre os 30 ríos máis longos da Terra. Drena unha ampla conca de 782 669 km², aínda que actualmente apenas 200 000 km² contribúen realmente coas súas augas á corrente principal.

Historia e etimoloxía[editar | editar a fonte]

Sir Daria ao seu paso por Juyant en Taxiquistán.

Os antigos gregos coñecíano cos nomes de Jaxartes ὁ Ιαξάρτης (este nome foi transmitido logo aos romanos a través dos autores gregos) e Orexartes. Delimitaba o límite setentrional das conquistas de Alexandre o Grande, que chegou ás súas ribeiras e fundou en 329 a.C. a cidade de Alexandría Escate (literalmente, «a Alexandría máis afastada») como gornición permanente. En realidade, soamente cambiou o nome (e, posiblemente, ampliou) á cidade de Ciropolis fundada polo rei Ciro o Grande de Persia, máis de dous séculos antes. A cidade é agora coñecida como o nome de Khujand.

O nome actual provén do idioma persa (سیردریا, Yakhsha Arta, que significa o «Grande anacarado», unha referencia á cor da auga do río) e foi empregado dende hai moito tempo en Oriente. Porén, é máis recente na literatura occidental: antes do século XX, o río era coñecido por varias versións do seu antigo nome en grego.[2]

En escritos islámicos medievais, o río era coñecido como Sayhoun (سيحون), un dos catro ríos do Paraíso (o Amu Daria era coñecido tamén como Khayhoun, o nome doutro dos catro).

Xeografía[editar | editar a fonte]

O Sir Daria, correspondente á conca endorreica do mar de Aral, ten dúas fontes na montaña de Tian Shan (en mandarín, a «montaña celeste»): o río Naryn (807 km), en Kirguizistán, e o río Kara Daria (177 km), no leste de Uzbekistán. O río percorre uns 2 212 quilómetros a través de Kazakhstán, en dirección oeste e norte-sur, ata desembocar no mar de Aral. O seu caudal anual é moi modesto, soamente uns 37 km³ por ano, a metade do Amu Daria.

No camiño rega os cultivos de algodón máis fértiles de toda Asia central e pasa polas cidades de Kokand, Khujand, Kyzylorda e Turkestan.

Un extenso sistema de canles, algúns construído no século XVIII polos kans de Kokand, discorren a través das rexións por onde flúe o río. A masiva expansión da rega durante o período soviético para regar o algodón reduciu o caudal do río e foi a causa dun desastre ecolóxico na rexión: o desecamento do mar de Aral.[3] Con millóns de persoas agora establecidas nestas áreas de algodón, non está claro como se poderá rectificar a situación.

Ao longo do seu percorrido, enche o encoro de Kayrakum, en Taxiquistán, o encoro de Chardara, en Kazakhstán, e o máis pequeno encoro de Farkhad, en Uzbekistán. No río Naryn, o seu tributario máis importante, atópase o grande encoro de Toktogul e os máis pequenos de Kambarata. No seu outro tributario, o río Kara Daria, atópase o encoro de Andiján, en Uzbekistán.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Daene C. McKinney. "Cooperative Management of Transboundary Water Resources in Central Asia" (PDF). Ce.utexas.edu. Consultado o 7-2-2014. 
  2. As formas Sir-Daria e Amu-Daria recóllense xa en francés a finais do século XVIII, no artigo do «Supplément de Panckoucke» da Encyclopédie consagrado ao mar de Aral (tomo primeiro, páx. 512):
    Il [le lac d'Aral] reçoit deux grands fleuves, l'ancien Jaxartes, appellé [sic] aujourd'hui Sir-Daria ; & l'ancien Oxus, nommé Amu-Daria.
  3. International Crisis Group. "Water Pressures in Central Asia", CrisisGroup.org. 11 de setembro de 2014. Consultado o 6 de outubro de 2014.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]