Saltar ao contido

Plioceno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Plioceno
Neoxeno Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
 Composto por
 Parcialmente coincidente con
Redonien (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Datas
 Data de comezo
MMMMMCCCXXXIII milenio a. C. (circa) Editar o valor en Wikidata
 Data de remate
hai 2.580.000 anos (circa) Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
 Precedido por
 Sucedido por
Identificadores
Freebase/m/05swt Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata C:Commons

Na escala de tempo xeolóxico, o Plioceno[1] é a época do período Neoxeno da era Cenozoica do eón Fanerozoico que está comprendida entre 5 millóns e 1 millón e 806 mil anos atrás, aproximadamente.

Tempo xeolóxico

[editar | editar a fonte]

A época Plioceno sucede a época Mioceno e precede a época Plistoceno, ambas do seu período. Dividese nas idades Zancleano, Placenciano e Xelasiano, da máis antiga á máis recente.

Era Cenozoica
Período Neoxeno
Mioceno Plioceno Plistoceno Holoceno
Aquitaniano | Burdigaliano |
Langhiano | Serravalliano |
Tortoniano | Mesiniano
Zancleano |
Piacenciano |
Xelasiano
Inferior | Medio |
Superior
 

Características

[editar | editar a fonte]

Este período caracterízase por cambios climáticos significativos que influíron na evolución da flora (retracción dos bosques tropicais, expansión de terreos de herbas e bosque baixo) así como na proliferación de mamíferos herbívoros e carnívoros.[2]

Durante o Plioceno produciuse a formación do Istmo de Panamá, un evento que transformou a circulación oceánica e os patróns climáticos globais, tendo un papel decisivo no desenvolvemento da Corrente do Golfo. Ademais, este período foi escenario do Grande intercambio biótico americano (GABI, polas súas siglas en inglés), no cal faunas de Norteamérica e Suramérica se intercambiaron, o que provocou a dispersión e extinción de moitas especies, aínda que os intervalos temporais foron discutidos.[3][4]

O final do Plioceno marcouse pola crecente glaciarización e a aparición dos primeiros homínidos do xénero Homo.[5]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para plioceno.
  2. "Geologic Time Scale 2020 - 1st Edition". shop.elsevier.com. Consultado o 2024-04-03.
  3. K. Lim, Burton (2009). "Review of the Origins and Biogeography of Bats in South America". Chiroptera Neotropical (en portugués) 15 (1): 391–410. ISSN 2317-6105.
  4. Millien, Virginie (2008-09-07). "The largest among the smallest: the body mass of the giant rodent Josephoartigasia monesi". Proceedings of the Royal Society B: Biological Sciences (en inglés) 275 (1646): 1953–1955. ISSN 0962-8452. PMC 2596365. PMID 18495621. doi:10.1098/rspb.2008.0087.
  5. "3. Homininos del Plio-Pleistoceno". Hominin Evolution & Ecology (en castelán). 2017-02-07. Consultado o 2024-04-03.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeoloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.