Categoría:Topónimos con etimoloxía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Nesta categoría incluiranse aqueles artigos sobre lugares nos que se inclúa a etimoloxía suposta ou demostrada do seu topónimo.

A etimoloxía dos topónimos galegos de concellos, segundo Wikipedia:Modelo de concellos, é obrigatorio que se especifiquen nunha sección independente de nivel 3 chamada Toponimia, dentro do apartado de Cultura, onde posteriormente se pode incluír Patrimonio (con Patrimonio arqueolóxico e Patrimonio arquitectónico). Cando por sorte haxa moitos artigos, poderánse subclasificar segundo a súa localización (galegos, portugueses, españois, estranxeiros), orixe (prerromanos, latinos, xermánicos, árabes, francos) ou temática (orónimos, zootopónimos, fitotopónimos, hodónimos, etc.).