A Universidad de Sydney é unha universidade que se atopa na cidade de Sydney, Australia. É a universidade máis antiga do estado, fundada en 1850. A partir de 2009, a institución contaba con 47775 estudantes, e era a segunda universidade meirande de Australia. É unha das principais e máis afamadas universidades do país, e tamén de toda Oceanía.