La strada
| La strada | |||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||||||||
La strada é un filme italiano de 1954 producido por Dino De Laurentiis e Carlo Ponti, dirixido por Federico Fellini e protagonizado por Anthony Quinn e Giulietta Masina.
É un exemplo clásico do período neorrealista do director e o filme que lle outorgou un sólido prestixio internacional.
La Strada converteuse nun "dos filmes máis influentes nunca realizados", segundo o American Film Institute.[1] Gañou o primeiro Óscar competitivo ao mellor filme en lingua non inglesa en 1957.[2][3] En 1992 apareceu no cuarto posto da listaxe dos dez mellores filmes escollidos por directores do British Film Institute.[4]
Argumento
[editar | editar a fonte]Unha moza que traballa para un artista ambulante chamado Zampanò (Anthony Quinn) morre, e a súa nai toma a Gelsomina (Giulietta Masina), tamén filla súa e véndea ao artista. A pesar do carácter violento de Zampanò, a rapaza séntese atraída polo estilo de vida da rúa, sobre todo cando o seu dono a inclúe como parte do espectáculo. Gelsomina aprende rapidamente o oficio de artista e amosa gran talento, mais non se sente apreciada por Zampanò e nun momento decide abandonalo e volver a casa. Zampanó atopa a Gesolmina e obrígaa a regresar con el.
Xuntos de novo, deciden traballar nun circo itinerante, onde Zampanò ten problemas co bufón (Richard Basehart) a quen coñece de antes. Nunha pelexa entre ambos, Zampanò ameaza o bufón cun coitelo e é detido. Mentres Zampanò se atopa no cárcere, Gelsomina aprende a importancia de ter un propósito na vida e aínda que varias das personaxes que atopa no camiño lle ofrecen que se una a eles, Gelsomina demostra a súa lealdade a Zampanò ata o final.
Elenco
[editar | editar a fonte]- Giulietta Masina — Gelsomina
- Anthony Quinn — Zampanò
- Richard Basehart — o louco
- Aldo Silvani — señor Giraffa, dono do circo
- Marcella Rovere — a viúva
- Livia Venturini — a monxa
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ AFI Preview
- ↑ Kezich (2006), 406.
- ↑ "The 29th Academy Awards (1957) Nominees and Winners". oscars.org. Consultado o 21 de novembro de 2017.
- ↑ The Sight & Sound Top Ten Poll: 1992 Arquivado 08 de outubro de 2014 en Wayback Machine. Consultado o 21 de novembro de 2017
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: La strada |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sinopse completa de La strada Arquivado 29 de outubro de 2013 en Wayback Machine.
- Sobre o filme na páxina da Fondazione Federico Fellini (en italiano)