O dari[1] (en dari دری, pronunciado /dæˈɾi/) é unha variedade estrutural do persa establecida como lingua oficial coa súa propia norma en Afganistán xunto co paxto.
A orixe do nome está na diferenciación entra a lingua persa que falaban as tribos persas e as tribos partas e bactrianas do norte de Irán que a partir do século VII adoptaron o persa pero mantendo un importante substrato parto. A marcha da corte sasánida de Fars para Ctesiphon fixo que a variedade do norte fora a lingua falada na corte, que se empezou a chamar dari (corte en persa) para distinguila da lingua de Fars (farsi)[2] pero a lingua escrita seguiu a ser o persa medio ata a súa substitución polo árabe no 742 e así os exércitos que levaron o islam máis alá do Amu Daria utilizaban como lingua franca esta variedade do persa e foi a que parte da poboación orixinaria do que actualmente é Afganistán acabou adoptando como lingua de uso común.
Tamén é coñecido coma persa dari (en dariفارسی دری, pronunciado /fɒːɾsije dæˈɾi/) ou persa afgán e por causa do seu illamento ten menos influencia do árabe . É a principal lingua do país, falada polo 60% da poboación (se xuntamos o aimaq, o hazaraguí e o propio dari) principalmente no sur e centro do país, e preto de Cabul. É a principal lingua de comunicación dos pobos taxico, hazara e aimaq. A lingua serve á súa vez coma medio de comunicación entre diferentes pobos do Afganistán.
A sintaxe do dari non defire moito da do persa, aínda que o acento forte sexa menos expresivo no persa afgán do que no persa iraniano. Moitos lingüistas (incluídos lingüistas iranianos) consideran o dari como unha lingua ou un dialecto á parte; eles considérano a lingua escrita e chaman persa ou, mellor dito, persa afgán á lingua falada. Hoxe en día é a Academia Afgá das Ciencias a encargada da fixación do dari.
O dari ten varios dialectos: o heratí, o parsiwan, o khorasaní, o aimaq, o harzaraguí, o taxiquí e o cabolí que é o dialecto de prestixio. A principal diferenza do aimaq e o hazaraguí é que contan con moito vocabulario das linguas túrquicas e mongois, e o cabolí e o taxiquí están moitísimo máis próximos ao taxico que ao dari.
O vocalismo literario é bastante conservador en comparación co persa e taxico e é máis próximo ao taxico (aínda que nos dialectos o vocalismo pode ser máis simplificado).
Na táboa seguinte amósase o desenvolvemento do vocalismo entre as linguas de orixe pérsida:
Persa clásico
ā
a
ē
i
ī
ō
u
ū
Persa moderno
ā
a
ī
e
ī
ū
o
ū
Dari
ā
a
ē
e
i
ō
o
u
Hazaraguí
o
a
e
i
i
ū
u
u
Taxico
o
a
e
i
i
ů
u
u
Obsérvese como a medida que avanzamos cara ao norte o vocalismo vaise parecendo ao taxico mentres que cara ao sur parécese máis ao persa.