Turks e Caicos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Turks and Caicos Islands
Illas Turks e Caicos
Bandeira das Turks e Caicos Escudo das Turks e Caicos
Bandeira Escudo
Lema: One People, One Nation, One Destiny [1] (galego: «Un pobo, unha nación, un destino»)
Himno nacional: God Save the Queen
 
Turksandcaicos.jpg
 
Capital
 • Poboación
Cockburn Town
n/d
Cidade máis poboada Cockburn Town
Linguas oficiais
Inglés
Forma de goberno Territorio de Ultramar
Isabel II do Reino Unido
Ric Todd
Dependencia
Do Reino Unido
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 203º
430 km²
Desprezable
0 km km
389 km km
Poboación
 • Total
 • Densidade

19.500 (2003 est.)
45 hab./km²
PIB (nominal)
 • Total
 • PIB per cápita

n/d
n/d
PIB (PPA)
 • Total
 • PIB per cápita

n/d
n/d
IDH n/d
Moeda Dólar estadounidense (USD)
Xentilicio n/d
Fuso horario UTC -5
Dominio de Internet .tc
Prefixo telefónico +1-649
Prefixo radiofónico n/d
Código ISO 796 / TCA / TC
Membro de: CARICOM, Commonwealth
Tódolos países do mundo

As Illas Turks e Caicos (en inglés Turks and Caicos Islands) son un territorio de ultramar dependente do Reino Unido e están situadas ao norte da illa A Española, onde se atopan Haití e A República Dominicana, en augas do Mar Caribe. Ata o ano de 1962 eran administradas por Xamaica, pero ao conseguir esta a súa independencia pasaron a depender do Gobernador Xeral das illas Bahamas. Cando as Bahamas conseguiron a súa independencia en 1973 pasaron a constituírse como un territorio á parte e aínda que no ano de 1982 o Reino Unido concedeulles a independencia as illas deron marcha atrás e preferiron seguir gobernadas como un territorio dependente da coroa británica.


Desde o 11 de xullo de 2005 o gobernador (designado por Isabel II do Reino Unido) das illas é Richard Tauwhare, quen actúa de facto como xefe de estado representando a raíña e supervisa os labores dun Consello Lexislativo composto por 19 membros (dos cales só 13 son electos) na cidade de Cockburn Town, a capital do territorio. O xefe de goberno é o Principal Ministro elixido, actualmente Michael Misick. A economía das illas depende do turismo, a pesca e dos investimentos estranxeiros non tributables. A poboación ascende a unhas 19.350 persoas das cales o 90% son de raza negra e o 86% practican o cristianismo protestante. A moeda de curso legal é o dólar estadounidense e desde o día 2 de xullo de 1991 as Illas Turcas e Caicos son membro asociado da Comunidade do Caribe.

Mapa das illas Turks e Caicos

División Administrativa[editar | editar a fonte]

As Illas Turcas e Caicos están compostas por seis distritos agrupados en dous grupos de illas: as illas Caicos e as illas Turcas.

Illas Caicos[editar | editar a fonte]

Illas Turcas[editar | editar a fonte]

As illas Turcas están divididas por dous distritos:

  • Caio Salt (Salt Cay), con cabeceira de distrito en Balfour Town
  • Illa Gran Turk (Grand Turk), con cabeceira de distrito en Cockburn Town, que é á vez capital das Illas

Notas[editar | editar a fonte]

  1. CARICOM


Países do mundo | Caribe
Antiga e Barbuda - Bahamas - Barbados - Cuba - Dominica - Rep. Dominicana - Granada - Haití - Saint Kitts e Nevis - San Vicente e Granadinas - Santa Lucía - Trinidad e Tobago - Xamaica
Países con estatus especial no Caribe

Aruba - Curaçao - Illa de San Martiño - Bonaire - San Eustaquio - Saba (posesións dos Países Baixos)
Guadalupe - Martinica - Illa de San Martiño - Saint-Barthélemy (posesións de Francia)
Anguila - Illas Virxes Británicas - Illas Caimán - Montserrat - Turks e Caicos (posesións do Reino Unido)
Illas Virxes Americanas - Porto Rico (posesións dos Estados Unidos)