Saltar ao contido

Taxa de mortalidade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Taxa de mortalidade
Imaxe
(2023)
 Instancia de
 Subclase de
 Oposto a
Códigos e identificadores
Freebase/m/01b4_q Editar o valor en Wikidata
MeSHD009026 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC179755657 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
BNE: XX525533
Wikidata

A mortalidade é un termo demográfico que designa un número proporcional de mortes nunha poboación e tempo determinado.

Así, defínese a taxa bruta de mortalidade coma o indicador demográfico que sinala o número de defuncións dunha poboación por cada mil habitantes, durante un período de tempo determinado, xeralmente un ano.

Taxa bruta de mortalidade = (Defuncións/Poboación) x 1000
Taxa bruta de mortalidade por país

Considérase:

  • Alta taxa de mortalidade se supera o 30.
  • Moderada taxa de mortalidade entre 15 e 30.
  • Baixa taxa de mortalidade por baixo do 15.

Xeralmente nos países menos desenvolvidos a taxa de mortalidade e natalidade é máis alta, mentres que nos máis desenvolvidos a taxa de mortalidade e natalidade é máis baixa.

A taxa de mortalidade está inversamente relacionada coa esperanza de vida ó nacer, de tal xeito que canta máis esperanza de vida teña un individuo no seu nacemento, menos taxa de mortalidade ten a poboación.

Do mesmo xeito que hai taxas brutas de mortalidade hai taxas específicas de mortalidade, que son as taxas específicas para cada idade.

Mortalidade en España

[editar | editar a fonte]

En España no ano 2004 a taxa de mortalidade se situaba no 8,71, e a taxa de mortalidade infantil no 3,99, fonte INE, Instituto Nacional de Estadística. Indicadores demográficos básicos: .

As principais causas de mortalidade en España para o ano 2001 foron Fonte: CNE, Centro Nacional de Epidemioloxía. [Ligazón morta]:

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]